O PLENO MUNICIPAL APROBOU O PAGO DE 750.000 € EN FACTURAS A PEQUEÑOS E MEDIANOS PROVEEDORES

A maioria de voto conformada polos concelleiros do goberno municipal de coalición PSOE-BNG máis os dous votos de EU Son posibilitaron a aprobación do pago de 750.000 euros a pequenos e medianos proveedores do Concello de O Porriño.
Son facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por maioría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera no anterior pleno. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de otubro e previa comprobación polos diferentes departamentos e servizos municipais, agora lévouse a recoñecemento extraxudicial neste pleno o que garante o seu pago inmediato.
Tan só o PP manifestou a súa oposición o pagamento destas facturas argumentando a “existencia de irregularidades” e exisindo, unha vez máis, “unha revisión de oficio de todas as facturas incluídas na partida 413”, segundo manifestou Alejandro Lorenzo.


No nome do goberno de coalición, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira acusou ó PP de “facer unha oposición esquizoide”. “Lonxe de facer unha fiscalización, vostedes están a embarrar o campo xogando ó canillazo poñendo en dúbida a todos os proveedores nunha estratexia inetendible”, argumentou o voceiro do BNG.
Os pagos aprobados son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.
Por outra banda, o pleno municipal aprobou definitivamente a adxudicación á firma “Ascan” do contrato de limpeza viaria. Sen embargo produciuse dun xeito inesperado xa que foi a través da aprobación dun voto particular presentado polo PP exisindo a cambio a presenza dun técnico municipal na supervisión e control de calidade da prestación da concesionaria.

Comparecencia da concelleira de Facenda para explicar o renting do parque móbil municipal e a adquisición de locais para a UNED e Servizos Sociais.

Lourdes Moure, concelleira de Facenda do goberno municipal explicou nunha ampla comparecencia no pleno da Corporación celebrado onte, a operación de renting realizada para renovar o parque móbil municipal e tamén a adquisición de locais para unha aula da UNED e para oficinas de Servizos Sociais.
No que atinxe a renovación dos vehículos para o Concello, Lourdes Moure argumentou que “o Concello de O Porriño tiña unha flota envellecida e en mal estado” polo que “optouse por un contrato de renting de envergadura para renovar o parque móbil con garantías de seguridade para o persoal municipal e de cobertura das necesidades básicas para o Concello”.
A concelleira explicou que “levouse a cabo un estudo do custe anual do renting fronte aos custes de xestión directa polo Concello tomando como referencia o período 2010-2014. E fixemos a súa comparación co período 2015/2019 no que xa empregamos a fórmula de renting”.
Lourdes Moure manifestou que “comprobando os datos extraídos da contabilidade resulta que coa xestión deste goberno e facendo a comparativa co goberno anterior, atopamos que hai un aforro de máis de 900.000 euros na comparación a favor noso co respecto o de Nelson Santos”.
A concelleira de Economía e Fazenda engadiu o dato de que “no período 2010 / 2014 no que gobernou po PP, soamente o Sr. Alejandro Lorenzo, percibiu 8.254,75 € en concepto de dietas de desprazamento, dos 27.008,93 € que percibiron o resto do goberno municipal que erades 9 concelleiros”.
A concelleira comparou ese dato “co custe que lle indico de 3.017,41 € do goberno municipal do PSOE no mandato anterior, que corresponde cos gastos ocasionados polo irmanamento con Francia e inclúense o custe do viaxe a Madrid para solucionar o problema do Paso a Nivel”.

Pola súa banda o voceiro municipal do Partido Popular agradeceu a entrega da documentación solicitada pero rexeitou os datos aportados pola voceira socialista. “Teño a sensación de que está vostede a misturar moitas cousas e conceptos” respostou Alejandro Lorenzo que afirmou que se reserva a demanda de máis información.
Pola súa banda Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde e voceiro do BNG expusou “estar en discrepancia tanto co fondo como coa forma da exposición da concelleira comparecente” ainda que evitou pormenorizar e apelou a que “o que agora toca es mudar certos hábitos de gasto desde o novo goberno coaligado”.
Tamén o voceiro de EU Son indicou a súa discrepancia coa exposición da comparecente lamentando “a ensalada de número e cifras que trouxo e nos entregou a cada grupo”.
Por outra banda, na segunda parte da súa comparecencia Lourdes Moure informou sobre a compra dos locais para aula da UNED en rúa Fernández López y para Servizos Sociais do Concello en rúa Antonio Palacios. Como parte das xestiones realizaounas a alcaldesa, tamén Eva García participou das explicacións.
Razonaron que a adquisición de ambos locais resultaba con mellores condicións para o erario municipal e ademáis adquiríase patrimonio para o Concello. En canto ós prezos aboados estaban en consonancia cos de mercado. A alcaldesa argumentou que “con cada un deles destistiuse dos contratos de aluguer inicialmente prantexados”.
O voceiro do PP preguntou si habería que aboar os alugueres de ese período inicial (tres meses). A alcaldesa garantiu que non por común acordó entre Concello e axencia inmobiliaria.
Pola súa banda, o BNG expresou a súa discrepancia co local elixido para a UNED entendendo – como tamén argumentou o voceiro de EU Son- que tería sido “máis axeitado trasladar esa aula a Torneiros, xa fora ó multiusos ou ben a outros locais dispoñibles”.
Para rematar o debate do asunto Eva García lembrou que co novo pacto de goberno, “esta alcaldesa delegará as súas competencias e polo tanto será decisión do pleno municipal o que atinxe ó patrimonio municipal, xa sexan compra-venda, aluguer, permuta e cesión”.

Publicadas nesta mesma páxina web as bases do “II Concurso de Rondallas Concello do Porriño”

Nesta páxina web do Concello xa están publicadas as bases do II Concurso de Rondallas Concello do Porriño así como o formulario da solicitude de inscrición para os grupos interesados en participar.
A Concellería de Festexos organiza esta segunda edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Segundo as bases neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120. O número máximo de agrupacións participantes limítase a dez.
Como único criterio de selección estabelécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño. Terán sempre preferencia as agrupacións locais independentemente da orde de inscrición. As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dende o 2 ao 13 de decembro de 2019, ambos inclusive.

Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.

Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.
A orde de actuación no Pavillón Municipal de Deportes das rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará no Concello. O tempo de actuación de cada rondalla estará regrado de xeito que cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas. Establécense penalizacións por exceso de tempo.
O xurado disporá de varios criterios de valoración para puntuar ás rondallas participantes que se poden consultar nas bases do concurso.

O vindeiro sábado 30, nova quenda do curso de conducción segura

A Policía Local de O Porriño comunica que ainda hai prazas vacantes para participar o vindeiro sábado 30 no curso de conducción segura que se imparte gratuitamente para veciños/as empradoados no noso concello. O curso financiase cos cartos recaudados nas multas de tráfico e persegue mellorar as capacidades na conducción ante situacións imprevistas aminorando riscos.

A quenda deste vindeiro fin de semana sustitue á suspendida o pasado 2 de novembro que fora aprazada polo mal tempo. A inscripción podese facer nas oficinas da Policía Local.

O curso “Conduce con xeito” conta coa colaboración de varios pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campeóns de España en 2017, xunto cos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez.
Imparten as súas ensinanzas nas partes teórica e práctica deste curso durante catro horas na mañá do sábado.
Ademaís colaboran varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso, baixo a dirección da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.

25N: acto do Concello de O Porriño en lembranza das víctimas da violencia machista

Este serán celebrouse o acto institucional do Concello de O Porriño pola efeméride do 25N, Día Internacional pola erradicación da violencia machista.

Consistiu nunha concentración diante do Concello que estivo alumeado en cor violenta.
No seu transcurso realizaronse diversas intervencións artísticas; lembrouse ás 52 mulleres asasinadas neste ano, víctimas de violencia machista. E fixose a lectura dun manifesto por quendas que iniciou a alcaldesa Eva García e rematou a concelleira de Igualdade, Cami Moreira.

Convocado pleno municipal ordinario de novembro

A alcaldesa Eva García firmou esta mañá a convocatoria do pleno ordinario deste mes de novembro que se vai celebrar o vindeiro mércores 27 ás 18 horas. A orde do día ten nove asuntos máis rogos e preguntas.

Presentase para a súa aprobación o pago de facturas pendentes a pequenos e medianos proveedores do Concello por un importe global de 750.000 euros. Son facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por mayoría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de otubro e previa comprobación polos diferentes departamentos e servizos municipais, agora lévase a recoñecemento extraxudicial neste pleno.

Os pagos son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.

No transcurso da sesión terá lugar a comparecencia da concelleira de Economia e Fazenda, Lourdes Moure para explicar pormenorizadamente a operación de renting do parque móbil municipal e presentar unha comparativa cos gastos do goberno de Nelson Santos.  

A este mesmo pleno municipal lévase de novo a adxudicación definitiva do contrato de limpeza viaria, asunto que tamén motiva unha nova moción do grupo municipal do Partido Popular que denuncia incumprimentos de contratos por parte de “Ascan”.

Outras duas mocións completan a orde do día. Unha a cargo de EU SON que despois do 25N prantexa trece medidas para comprometer activamente ao Concello do Porriño contra a violencia de xénero.

Por outra banda, a moción do BNG alcumada “Vía Galega” refírese ó problema do baleirado poboacional na nosa comunidade. A moción que irá ó pleno da Corporación, en caso de aprobarse, instará ó Parlamento Galego a constitutir unha comisión que no prazo de 5 meses propoña as políticas necesarias para rematar con este drama social.

 

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Gardia Civil en evitar o roubo do estanco de Mos

 

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta madrugada un roubo no estanco de Mos acadando a detención dun individuo que estaba a forzar a entrada cunha palanqueta.

A intervención de axentes locais de O Porriño foi motivada pola chamada dunha veciña que alertou dos feitos. A Policía Local porriñesa deu aviso á Garda Civil de Mos. Unha patrulla da Policía Local acudiu en apoio da patrulla da Benemérita acadando entre ambas a detención do presunto autor, un varón de 45 anos que xa foi posto a disposición xudicial.

Segundo informa o Inspector Xefe, Dani Rodríguez non é a primeira vez que a Policía Local de O Porriño tén que acudir a outro concello, como hoxe en Mos, cando están a realizar unha persecución ou se está a cometer un delito “in fraganti” como contempla a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade.

25N: Porriño lembrará hoxe ás 52 mulleres asasinadas en España no que vai de ano pola violencia machista

O Concello de O Porriño convoca hoxe desde a Concellería de Igualdade un acto con motivo do 25N, Día Internacional para a erradicación da violencia machista.

Se iniciará ás 18:30 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello. A través de distintas expresións artísticas “trataráse de trasladar ó resto da sociedade o rexeitamento do Concello de O Porriño a todo tipo de violencias machistas”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Igualdade no goberno municipal.

A concelleira convida a tod@s cidadáns a participar neste acto no que se fará unha especial mención ás 52 vítimas da violencia machista asasinadas no que levamos de ano, cinco delas en Galicia.

Estas actuacións financianse con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

 

PORRIÑO PARTICIPOU NO VII FORO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DE GALICIA

A infancia de O Porriño participou hoxe, a través de dez alumnos e alumnas de cinco centros docentes da vila, no VII Foro de Participación Infantil de Galicia que se celebrou Parlamento Autonómico.

O alumno Francisco Javier Jiménez Gabarres, foi o orador elixido pola delegación porriñesa para intervir no pleno. O rapaz, alumno do CEIP da Ribeira falou sobre pobreza. Solicitou melloras nos comedores escolares, a implantación de mediadores sociais para eliminar o fracaso e absentismo escolar e a extensión da internet, especialmente nos núcleos rurais para igualar o acceso ás novas tecnoloxías.

A delegación porriñesa que acudiu hoxe ó Parlamento Galego estivo formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integraron a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.

O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.

 

Reparadas as humidades no acceso principal ó Pavillón 1 e no ximnasio

A reparación das humidades no acceso principal ó Pavillón 1 do Polideportivo Municipal xa están prácticamente rematadas. En consecuencia, tamén pudo reabrirse o ximnasio sito debaixo que padecía filtracións e permaneceu pechado ata que consumaron as obras de reparación do acceso.

David Alonso, concelleiro de Deportes comprobou hoxe o resultado das obras realizadas que se financiaron cunha achega de 41.503 € aportada pola Deputación de Pontevedra con cargo ó Plan Concellos 2018/2019. A reforma foi executada pola firma “Revcom Energías Renovables SL”.

O colectivo de persoas inscritas en ximnasia de mantemento xa voltaron a utilizar o ximnasio do mesmo xeito que persoal da Garda Civil que o empregan por convenio co Concello.
Neste local, situado debaixo do acceso, colocouse unha superficie de espuma para aillar do parquet que atópase deteriorado polas humidades. “En breve mudaremos ese solo de parquet o que intentaremos que se faga nun fin de semana para aminorar molestias ós usuarios”, manifestou o concelleiro de Deportes.