Aberta a inscrición para a “I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”

O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que se disputará o 30 de decembro.
Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 20.00 horas con saida desde a praza do Concello. Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída alomenos 10 minutos antes do comezo da proba.

Persíguese un fin solidario de xeito que todos os corredores/as deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ó Banco de Alimentos. Haberá unha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.

No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen nas seis posicións elixidas o azar (comunicaranse por esta canle as posicións antes da proba). E tamén serán galardoados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.

O peche das inscricións rematará o 25 de decembro.
Para realizar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace

https://carreirasgalegas.com/…/37916098-26ce-d3d2-3711-39f1…

A concelleira de Educación, Lourdes Moure garante que o Concello manterá a sua colaboración co “Certame Roberto Vidal Bolaño”

A concelleira de Educación, Lourdes Moure presidiu o acto de presentación da obra “A sombra das árbores” de Ana Abad de Larriva, gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.
No acto celebrado no Centro Cultural Municipal de O Porriño, asistiron ademáis da concelleira e da autora asistiron Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” .

O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presentou no Porriño.

Na súa intervencion, a concelleira de Educación lembrou que “a finalidade primordial deste Certame Roberto Vidal Bolaño é fomentar a escrita de textos teatrais en galego, dirixidos ó alumnado de Ensino Secundaria e Bacharelato e que poidan ser susceptibles de ser representados polos propios estudantes”.
Lourdes Moure engadiu que “o Concello de O Porriño acordou este ano reforzar o seu apoio a celebración deste Certame e imos mante-lo para o ano que ven cando celebremos a terceira edición” manifestou a concelleira de Educación.

 

Rematou o soño do CD Pontellas: caeu eliminado en Tolosa na previa da Copa do Rei

O CD Pontellas caeu eliminado esta noite no estadio de Berazubi fronte o Tolosa CF que gañou por 1-0.
O único tanto acadouno o equipo local no minuto 61. Os intentos dos xogadores do club porriñés por empatar foron infructuosos.
Deste xeito remata a traxectoria do “Tellas” nesta ronda previa da Copa do Rei que supuxo un premio engadido ao feito histórico do ascenso a Terceira despois de proclamarse campeón do seu grupo de Rexional Preferente na tempada pasad. Un premio, ainda que moi oneroso para a economia do club que solicitou e recibiu unha achega económica extra do Concello, de 4.000 €, para afrontar os gastos que acarreou participar nesta ronda previa.

O equipo, cadro técnico e directivas partiron anoite, ó remate do partido, en viaxe de volta cara a Pontellas. 

 

A Policía Local e Protección Civil de O Porriño colaboran no auxilio ás víctimas dun espectacular accidente de tráfico na A-55

Dúas personas resultaron feridas pola caída dun vehículo desde un viaducto da A-55 á vía do tren. O suceso aconteceu ás 19,05 nos accesos a Autovía e ó Polígono de As Gandaras. Patrullas da Polícia Local de O Porriño e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron a atender o sinistro.
Debido a caída do vehículo á vía do tren tivo que interrumpirse a circulación ferroviaria ata as 20,50 horas.
Para a retirada do vehículo foi precisa unha grua e a Intervención de efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros.


Tamén interviron axentes da Garda Civil de Tráfico que regularon á circulación mentres se evacuaron os feridos ao Hospital Alvaro Cunqueiro e durante o tempo que duraron os traballos de retirada do vehículo sinistrado.

A cantante Noemí Fernández recibida na Alcaldía antes de viaxar a Roma para representar a España no certame “Tour Music Fest”

Noemí Fernández, a cantante porriñesa foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García e por Lourdes Moure, concelleira de Educación que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo “Tour Music Fest”. Vai representar a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocaou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

Por outra banda, a alcaldesa confirmou que Noemí Fernández vai participar no encendido do alumeado de Nadal previsto para o vindeiro 3 de decembro así como na festa “pre-fin de ano” do 30 de decembro e na festa de Reis en xaneiro.  

A Policía Local atende a un conductor en parada cardíaca que protagonizou un accidente de tráfico

Axentes da Policía Local de O Porriño salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. O pasado luns 11, cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ó conductor accidentado en parada cardíaca.
Os axentes acadaron estabiliza-lo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ó Centro de Saúde a recoller ó personal facultativo e leva-lo ata o lugar do sinistro.
O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado.
Neste caso compre referir a colaboración prestada tamén pola Policía Local de Mos e pola Garda Civil de Tráficio que cooperaron na regulación do tráfico.

O Concello ten que suliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.

Presentación de “A sombra das árbores”, obra gañadora do “II Certame Roberto Vidal Bolaño”

Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase “A sombra das árbores” e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
A presentación celebraráse no Centro Cultural Municipal de O Porriño, a partir das 19 horas. Ademáis da autora asistirán a concelleira de Educación, Lourdes Moure; Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro”.
O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presenta no Porriño.
No que atinxe á autora, Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.

O 19 de novembro “Towanda Rebels” protagonizará unha actividade concertada contra as violencias sexuais

O vindeiro martes 19 de novembro terá lugar unha actividade concertada cos centros de ESO de O Porriño para prevención das violencias sexuais. Será a partir das 10:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural.

Trátase dunha actividade organizada pola Concellería de Igualdade do Concello. A sesión denominase “Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual”. Prantexa o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.

A sesión será protagonizada polo dúo “Towanda Rebels” que forman Teresa Lozano e Zua Méndez, xornalista e humanista, ambas actrices e, ante todo, amigas.

Deixamos o enlace coa páxina web do departamento de Cultura para maior información

http://ecultura.net/contra-as-violencias-sexuais-narrativa…/

O PONTELLAS PARTIU DE VIAXE A TOLOSA ONDE MAÑÁ CONFIA EN SEGUIR FACENDO HISTORIA

A plantilla do CD Pontellas partiu ás 10,30 horas en autobús cara a Tolosa onde mañá mércores confía en seguir facendo historia. Teñen por diante unha viaxe de preto de 10 horas, cunha parada en León para comer.


O equipo da pequena parroquia porriñesa de apenas 2.000 habitantes xogará contra o Tolosa a eliminatoria previa da Copa do Rei que este ano habilitou a RFEF como premio ós equipos campeóns dos seus respectivos grupos de Rexional Preferente que ascenderon a Terceira División.
Caso de superar esta previa en terras vascas, o “Tellas” tería na seguinte ronda un emparellamento cun equipo de Primeira División –agás os catro que están a xogar na Champions League-.

A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Deportes, David Alonso acudiron ó campo de San Campio, lugar de reunión e partida da expedición, para desexar sorte e ánimo ós xogadores, cadro técnico e directiva do CD Pontellas.
Eva García dixoulles que disfrutarán “do momento histórico que estades a vivir que xa ninguén vai quitarvos”.
Hai una semana, David Alonso, concelleiro de Deportes informou que o goberno municipal porriñés acordou outorgar unha achega extraordinaria de 4.000 € ó C.D. Pontellas. Tratase dunha aportación especial, a maiores da subvención anual que o Concello de O Porriño ten conveniada con C. D. Pontellas.
A presidenta do club local, Marta Costas tiña solicitado nunha reunión recente coa alcaldesa e co concelleiro de Deportes axuda económica e loxística do Concello debido ós gastos extraordinarios que lle supón a este modesto club afrontar a súa histórica participación na Copa do Rei.

Concelleiros do goberno municipal e a deputada de Cohesión Social participaron nunha actividade para maiores no Pavillón

Os concelleiros do goberno municipal, David Alonso e Sergio Casal asistiron coa deputada provincial de Cohesión Social, Olga García a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra que se desarrollou no Pavillón Municipal porriñés.

Tratouse dun bingo musical no que os participantes, ó redor de 25 usuarios, tiñan que recoñecer ben a canción ou ben ó interprete de cada tema ata cantar liña e logo bingo.

Os concelleiros e a deputada repartironse entre os maiores e compartiron con eles o xogo. Segundo explicou o persoal do servizo de teleasistencia é un xeito de estimulación cognitiva e para interactuación entre maiores.

David Alonso, na súa condición de concelleiro de Servizos Sociais informoulles que o Concello de O Porriño vén de aprobar no derradeiro pleno ordinario o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, licitado en 2 millóns de euros, “para unha prestación cada día máis reclamado e necesario pola maior esperanza de vida que temos”, manifestou o edil.