O Centro Cívico de O Porriño é un equipamento sociocultural para uso e desfrute público. Trátase dun espazo polivalente orientado a ofrecer tanto actividades xeradas polo propio equipo de goberno, coma un lugar para que os veciños e veciñas podan desenvolver as súas actividades culturais e de esparcimento.

No centro Cívico, pódese realizar calquera actividade que favoreza a participación veciñal dentro do marco social e cultural. O Centro Cívico serve como base ao desenvolvemento comunitario e constitúe un punto de encontro sociocultural favorecendo un ocio activo e creativo.

Presta ademais un servizo ás actividades dos barrios, ofrecendo un espazo de reunión para as asociacións veciñáis dentro dun espazo de cooperación e mellora das relacións entre cidadáns e administracións, o entre membros das mesmas comunidades.

Está ubicado na rua Domingo Bueno, no mesmo edificio donde está a Escola de Música e o Centro de Drogodependencia. 

A planta baixa está ocupada na súa totalidade pola Asociación de Amas de Casa, que dispóñen dunha serie de dependencias onde desenvolven a súa actividade e onde se imparten clases de Corte e confección, costura, arte floral, etc. Tamén se dan clases de Zumba e Pilates para os membros da asociación.
Asociación de amas de casa: teléfono: 634 95 05 92

Na primeira planta, existen catro salas, usadas por distintas asociacións e grupos artísticos para os seus ensaios e reunións. Salas que calquera asociación veciñal, artística, cultural ou deportiva pode solicitar para o seu uso e desfrute. Nestas salas de forma permanente están a Asociación Española contra o cancro (tel: 986 33 95 03) e a Asociación de veciños de San Benito e San Sebastián.

Na planta superior, que conta con cinco salas, se imparten clases de pintura e de Xadrez e tamén son usadas para os seus ensaios por varios grupos de gaita e pandereteiras.