A antiga “Canteira Ferro” de granito volve a ser monte reforestado coa prantación dun milleiro de piñeiros e a súa devolución ó Concello de O Porriño

Eva García, alcaldesa de O Porriño asistiu este mediodía ó inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga “Canteira Ferro”, pertenecente a “Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA).

O buraco da explotación de granito “Rosa Porriño” recheouse con 500.000 metros cúbicos de materiais procedentes de ata 150 obras, entre elas as da nova Estación de Vigo e da Autovía A-52. Os traballos de rehabilitación duraron 6 anos e remataran agora coa prantación de 1.000 piñeiros que iniciaron hoxe unha duzia de alumnos dos centros de educación especial “Aceesca”, do Porriño, e “Juan María”, de Nigrán, acompañados dos seus monitores. Precisamente por esa colaboración tamén acudiu ó acto deste mediodía Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán.

Segundo informou Jorge Massó, responsable da firma “POCASA”, esta firma porriñesa “foi a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975, non só en Porriño senon tamén en Galicia. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.

Eva García de la Torre declarou que “hoxe é un día moi importante para o Concello do Porriño porque comprobamos como faise realidade a recuperación dun espazo que estivo adicado á explotación mineira despois dun traballo inmenso e coa reforestación prevista, tamén vai mellorar o medio ambiente”. “Agardo que outras canteiras que estean en desuso ou esgotaran o seu ciclo de explotación pois tamén realicen axeitados proxectos de recuperación dos espazos e montes que ocuparon”, engadiu a alcaldesa de O Porriño.

Porriño participa nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia de Galicia

Alumn@s de centros escolares de O Porriño participarán mañán mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia.
A comitiva de nen@s de O Porriño acudirá acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.

A sesión será inaugurada por Fabiola García, Conselleira de Política Social; Alfonso Villares. Vicepresidente primeiro da FEGAMP e alcalde do Concello de Cervo, e Myriam Garabito, Presidenta de UNICEF Comité Galicia.

A representación da infancia porriñesa intervirá, primeiramente, nun encontro coa Conselleira entre as 10 e as 11 horas, para expoñer as súas propostas para loitar contra a pobreza.
Despois a delegación de nen@s de Porriño intervirá nun coloquio sobre “Experiencias en participación nos concellos galegos” xunto cos representantes de outras cidades declaradas “Amigas da Infancia”. que pechará as Xornadas.

Continúa a ronda de cursos de primeiros auxilios nas AAVV que os solicitaran

Hoxe martes terá lugar en Chenlo, no local social da AAVV, a partires das 17 horas.
Onte foi a quenda da AAVV de San Sebastián e San Benito.
En vindeiros días terán lugar nas sedes das Asociacións de Veciños de Cans, Budiño e Pontellas,

Trátase dunha iniciativa que promove o Concello do Porriño a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
Persoal do 061 co apoio de axentes da Polícia Local dan formación teórica e práctica para saber reaccionar ante un atragantamento, unha hemorraxia, queimaduras ou unha parada cardiorespiratoria. A aprendizaxe inclue tamén a manobras de RCP (reanimación cardio pulmonar).

Unha prantación de 1.000 piñeiros rematará a restauración do terreo da antiga “Canteira Ferro” e a súa devolución ó Concello de O Porriño

“Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA) realizará o vindeiro mércores 11 o acto final da restauración do terreo da “Canteira Ferro” despois de 6 anos de traballos para a súa rehabilitación e devolución ó Concello de O Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre asistirá ó acto.
O terreo, como pode observarse nas fotografías, xa está preparado para acoller a prantación dun milleiro de piñeiros que terá lugar ese día. Alumnos dos centros de educación “Aceesca”, de O Porriño, e “Juan María”, de Nigrán serán os encargados de facer a prantación das árbores.
Segundo informa Jorge Massó, responsable da firma “POCASA”, necesitaronse medio millón de metros cúbicos de materiais para o recheo da vella explotación de granito “Rosa Porriño”. De feito “POCASA” foi “a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.
No acto do mércores, previsto a partires das 10,30 da mañán, tamén asistirá Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán (pola súa relación co centro “Juan María”) e por suposto unha representación da Dirección Xeral de Minas.

Exitazo na recollida de alimentos que continuará ata o mércores 11

As imaxes que acompañan esta nova dan boa fe do exitazo que está a ter a recollida de alimentos que se realiza con motivo do #GivingTuesday e que continuará ata o vindeiro mércores día 11.


Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello de O Porriño tivo que se trasladar cara o Multiusos de Torneiros todos os alimentos que se recolleron ata de agora. A campaña nos colexios e institutos de Porriño foi impresionante, dando cumprimento ó acordo que acadara o último pleno infantil celenbrado pola mocedade porriñesa.
Tanto a responsable da OMIX como Lourdes Moure, concelleira de Educación volven a facer público un chamamento para que todos aqueles porriñeses e porriñesas que o desexen se anoten como voluntarios. Hai ainda por diante unha importante tarefa de clasificar e embalar todos estes productos para despois realizar a achega ás familias de Porriño máis necesitadas.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.

Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.

O Concello de Mos cortará hoxe venres a rotonda das Angustias o que vai producir graves afeccións no tráfico do Porriño

O Concello de Mos anunciou que este venres 6 vai cortar á circulación durante seis horas a rotonda das Angustias. Ó parecer o motivo é o acendido do seu alumeado de Nadal. Entre as 16 e as 21 horas.

A ninguén no Porriño ocultaselle que esta medida vai xenerar graves afeccións no tráfico na nosa vila.

En consecuencia a Policía Local de O Porriño vai ter que adoptar as seguintes medidas:
– se cortará ó tráfico a Avenida de Galicia, prohibindo a circulación agás residentes.
-se cortará a Rua Ramiranes á altura de “Foto Paco”
– tamén se cortará nos Aloques xa que non haberá opción de saída cara Mos.

Concello e “Acipor” fixeron un balanzo “moi positivo” do “Pinchorriño 2019”

Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o “Pinchorriño”, segundo os cálculos da asociación comercial “ACIPOR”, organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.

Para corroborar esa estimación, a patronal local contemplou que encargará a edición de 18.000 boletíns que se practicamente repartironse todos agás un milleiro. Xa que cada un deles leva os sellos de catro establecementos, a multiplicación é sinxela.
Este ano participaron 36 establecementos de hostalaría de O Porriño que servían a respectiva tapa cunha consumición mínima de 2,50€.

Por outra banda, na sede de ACIPOR e con asistencia do concelleiro de Comercio, Sergio Casal fixose o sorteo dos boletíns que resultarán premiados con catro cheques de compra por 100 euros no comercio local e unha cesta de productos delicatessen doada polo establecemento “El Ultramarino”.
O vindeiero 16 de decembro coñeceránse os respectivos gañadores.

O Concello do Porriño require voluntari@s para a clasificación dos alimentos que se están a recoller no #GivingTuesday

O Concello de O Porriño, a través da OMIX fai un chamamento para que todos aqueles porriñeses interesados en botar unha mán participen como voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos recollidos no #GivingTuesday

Logo do éxito da iniciativa “Alimentos par todos/as” proposta polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia levada a cabo entre o martes día 3 e onte 5 de decembro, a Concellería de Educación e a OMIX do Concello, abren un prazo para que aquelas persoas que o desexen poidan colaborar como voluntarias.

Dende o Concello queremos aproveitar a celebración do Día do Voluntariado para agradecer a colaboración e solidariedade dos veciños e veciñas do Porriño.

As tarefas concretas a desenvolver por parte das persoas voluntarias nesta ocasión serán a selección e a embalaxe dos alimentos recollidos na iniciativa #GivingTuesday tanto nos centros escolares coma nos locais municipais, para ser distribuídos entres as familias con menos recursos do concello.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.

Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.

Os cursos de primeiros auxilios chegan tamén ás asociacións de veciños

O local da Asociacion de Veciños de Atios foi a primeira quenda dos cursos de primeiros auxílios de nível básico que tamén impartense polas parroquias do Concello. Trátase dunha iniciativa que promove a Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.

Persoal do 061 co apoio de axentes da Polícia Local dan formación teórica e práctica para saber reaccionar ante un atragantamento, unha hemorraxia, queimaduras ou unha parada cardiorespiratoria. A aprendizaxe inclue tamén a manobras de RCP (reanimación cardio pulmonar).

Estes cursos formativos extederánse tamén ás outras Asociacións de Veciños do municipio que xa o solicitaran. Neste intre son Cans, Pontellas, A Forna-Budiño e San Benito-San Sebastián. Impartiránse en horario de tarde e nas respectivas sedes destas AAVV.

A cantante porriñesa Noemí parte cara a Roma onde representará a España no certame “Tour Music Fest”

 

Noemí Fernández, a cantante porriñesa que representará a España no certame musical europeo “Tour Music Fest” que se vai celebrar en Roma o vindeiro sábado día 7, recibiu unha bandeira de máns do Concello que levará á capital italiana.

A alcaldesa e membros do goberno municipal entregaron á cantante local a bandeira co lema “O Concello do Porriño con Noemí” que ela vai levar consigo a Roma e que confía en mostrar ante as cámaras se acada o triunfo no concurso.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

A súa volta de Roma, Noemí Fernández vai volver actuar no Porriño como fixera onte con motivo do acendido do alumeado de Nadal. Será na Festa “Pre-Finde Ano” que terá lugar o día 30.