A Policía Local de O Porriño informa que ata onte, denunciaron a cinco veciños por infrinxir o estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus.

Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma. Nun caso, o denunciado foi un motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido alegou que buscaba un taller para unha reparación. A Policía Local informa que antes de comezar a denunciar realizou nos días previos numerosas advertencias e apercibimentos por diversas infraccións.

Por outra banda a Policía Local do Porriño informa á veciñanza, á vista de certas queixas nas redes sociais, que as labores de vixiancia nas parroquias do concello corresponden á Garda Civil por decisión da Subdelegación do Goberno que reparte e distribue as tarefas a realizar polos corpos e forzas de seguridade en virtude do decreto de estado de alarma.
A laboura encomendada á Policía Local é o control e vixiancia no centro da vila.