A parroquia de San Estevo de Cans é a menos poboada do concello do Porriño. Noutrora foi un anexo da veciña parroquia de Atios. Recibe o seu nome do regato que a percorre, o regato dos Cans e é famosa polo viño tinto da Graña, caldo de corpo groso e sabor forte que se cultiva no barrio do mesmo nome.
Desde fai case trinta anos, a zona da parroquia vén dada polo Festival de Cans, evento cinematográfico e lúdico que fai aparecer a parroquia por televisións e radios de Galicia e España.
O referente visual de Cans é o Monte Castelo ou Penedo do Pianista, un impresionante cumio rochoso que na Idade Media foi sede dun Castelo hoxe desaparecido, e do que aínda se conserva algún resto das súas fortificacións.
Á beira da antiga N-550 atópase a capela de Santo Estevo, un edificio construído en 1791.
Tamén é destacable o cruceiro do Castelo e o conxunto de muíños das Laxes.
Barrios: Adroza, A Buraca, A Carreira, O Castelo, A Cavadiña, A Chandeira, Os Eidos do Medio, Os Eidos, A Graña, O Painzal, e A Pedreira.
Advocación: Santo Estevo
Festas populares:
Festival de curtametraxes de Cans, maio.
Santo Estevo, 27 de decembro.