Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu hoxe luns a constitución do Comité de Seguemento pola alerta do coronavirus que xa adoptou as primeiras medidas.
Entre elas, encargou unha desinfección de diversos edificios e instalacións municipai que comezou xa nos dous pavillóns e na piscina do Polideportivo Municipal.

O Comité de Seguemento que preside a rexidora municipal está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medioa Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Asimesmo invitouse aos voceiros dos grupos municipais da Corporación a integrarse así como un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.

Os acordos adoptados hoxe son os seguintes:

– As quendas de traballo da Policía Local serán 3 con polo menos dous policías en cada quenda.

– O persoal do Concello que poida facer teletraballo, así o fará, sempre que o servizo ao que afecta permítao.

– Manteranse activos con persoal presencial, o Padrón de habitantes, o Rexistro, e a Secretaría Xeral do Concello.

– O Concello permanecerá pechado ao público, e só se atenderán casos urxentes e previa cita.

– Garántense os servizos de limpeza e de Mercado Municipal, sendo o responsable destes servizos o concelleiro Sergio Casal, debendo informar dos postos do mercado que non cumpran a súa obrigación de atender axeitadamente aos usuarios.

– Encargase unha limpeza con desinfección das instalacións deportivas municipais, facendo fincapé nos vestiarios e na piscina municipal.

– Asimesmo realizarase unha limpeza e desinfección do resto de instalacións municipais.

– Este Comité de seguimento reunirase, previa consulta aos voceiros, cando as circunstancias e urxencia así o requiran. Namentres manterán comunicación telemática e de forma diaria para informar das incidencias da xornada.