- ÁREA DE ALCALDÍA, FACENDA E CULTURA
Concelleiro responsable: Alejandro Lorenzo
Competencias:
- Xestión económica e orzamentaria do Concello
- Tesourería, contabilidade e fiscalización
- Subvencións e axudas municipais
- Promoción e desenvolvemento cultural
- ÁREA DE PERSOAL, CONTRATACIÓN E INDUSTRIA
Concelleiro responsable: Carlos Martínez
Competencias:
- Xestión de recursos humanos e relacións laborais
- Contratación administrativa e control de provedores
- Fomento e apoio á industria local
- Xestión e conservación do patrimonio municipal
- ÁREA DE EDUCACIÓN, IGUALDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Concelleira responsable: Carolina González
Competencias:
- Coordinación de centros educativos e programas formativos
- Promoción da igualdade de oportunidades
- Políticas de igualdade de xénero
- Normalización e promoción do uso do galego
- Atención Temperá
- ÁREA DE URBANISMO E VIVENDA
Concelleira responsable: Antía Carrera
Competencias:
- Planeamento urbanístico e xestión do solo
- Licenzas de obra e disciplina urbanística
- Promoción e xestión de vivenda pública
- Regulación e control dos mercados municipais
- ÁREA DE DEPORTES E SEGURIDADE CIDADÁ
Concelleiro responsable: Abel Estévez
Competencias:
- Promoción do deporte e xestión de instalacións deportivas
- Seguridade cidadá e convivencia
- Coordinación da Policía Local
- Protección Civil e plans de emerxencia
- ÁREA DE OBRAS, VÍAS E SERVIZOS
Concelleiro responsable: Ramón Porto
Competencias:
- Mantemento de vías públicas, alumeado e mobiliario urbano
- Execución de obras municipais
- Servizos xerais e mantemento de edificios públicos
- ÁREA DE COMERCIO, TRANSPARENCIA, INFANCIA E PROGRAMAS EUROPEOS
Concelleira responsable: Rosa Isabel Alonso
Competencias:
- Promoción do comercio local
- Transparencia e bo goberno
- Políticas de infancia.
- Coordinación de programas europeos e fondos comunitarios
- UNED
- ÁREA DE MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS URBANOS
Concelleiro responsable: José Carlos González
Competencias:
- Xestión ambiental e sostibilidade
- Limpeza viaria e recollida de residuos
- Parques, xardíns e zonas verdes
- Servizos urbanos e mantemento do contorno
- ÁREA DE PROMOCIÓN DA IDENTIDADE LOCAL, TRANSFORMACIÓN DIXITAL, FESTAS, GOBERNO ABERTO E COORDINACIÓN INTERPARROQUIAL
Concelleiro responsable: Bienvenido Estevez
Competencias:
- Identidade e tradicións locais: promoción e apoio de entidades e iniciativas comunitarias. Goberno aberto e coordinación interparroquial.
- Ordenación, denominación e sinalización identificativa de rúas, prazas e lugares do termo municipal, co obxectivo de reforzar a identidade local e a memoria colectiva.
- Modernización municipal e administración dixital: mellora dos servizos públicos mediante ferramentas dixitais.
- Infraestruturas dixitais e conectividade: impulso á ampliación da cobertura da rede de internet e telecomunicacións, coordinación con administracións e operadoras, e creación de espazos públicos conectados para reducir a fenda dixital.
- Escolas culturais como espazos de aprendizaxe comunitaria, participación interxeracional, creación colectiva e fortalecemento do tecido social local.
- Festas e eventos municipais: organización e apoio a celebracións tradicionais, festas locais e actos que fomenten a participación cidadá e a identidade colectiva.
- ÁREA DE ATENCIÓN A VULNERABILIDADE E PROGRAMAS DE EMERXENCIA
Concelleira responsable: Rosario Costas
Competencias:
- Impulso de políticas orientadas á prevención e a atención da vulnerabilidade. Promoción de accións e programas de apoio as familias con dificultades económicas
- Axudas de emerxencia social
- Organización e coordinación do Banco de Alimentos
- Programas de apoio a persoas en situación de risco ou vulnerabilidade
- ÁREA DE SANEAMENTO, SERVIZOS RURAIS E PATRIMONIO PARROQUIAL
Concelleiro responsable: Marcos Martínez
Competencias:
- Saneamento e abastecemento de auga
- Xestión de comunidades de augas e montes
- Patrimonio parroquial e rural
- Parques infantís e espazos comunitarios
- ÁREA DE TURISMO, INMIGRACIÓN, TRANSPORTE PÚBLICO E TERCEIRA IDADE
Concelleira responsable: Vanessa Ucha
Competencias:
- Promoción turística e desenvolvemento local
- Xestión de información turística
- Políticas de inmigración e integración
- Transporte público e mobilidade sostible
- Promoción de programas de ocio e envellecemento activo; actividades de estimulación cognitiva, convivencia e participación social.
- ÁREA DE MOCIDADE, E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Concelleiro responsable: Antonio Barros
Competencias:
- Políticas de mocidade e ocio saudable
- Fomento da participación cidadá e do asociacionismo
- Programas de voluntariado
- ÁREA DE EMPREGO E FORMACIÓN
Concelleira responsable: Teresa Veloso
Competencias:
- Promoción do emprego e programas de inserción laboral
- Formación profesional e continua
- Xestión de aulas tecnolóxicas e competencias dixitais
- ÁREA DE ATENCIÓN CIDADÁ, ASISTENCIA DOMICILIARIA, COIDADOS E BENESTAR
Concelleira responsable: Bárbara Troncoso
Competencias:
- Coordinación e impulso das políticas municipais relativas ao Servizo de Axuda no fogar. Planificación, supervisión e avaliación da calidade do servizo.
- Centros de Día e Escolas Infantís
- Sanidade e saúde comunitarias: campañas de saúdes e hábitos saudables, prevención e colaboración con entidades sanitarias.
- Atención e información á cidadanía
- ÁREA DE CONSUMO E PARQUE MÓBIL
Concelleiro responsable: Ricardo Losada
Competencias:
- Defensa e orientación das persoas consumidoras
- Control de prezos e calidade dos produtos
- Xestión e mantemento do parque móbil municipal
