Conforme as instruccións do Comité Municipal de Seguimento creado polo Concello do Porriño polo estado de alarma a causa do coronavirus, hoxe realizouse un zafarrancho de limpeza e desinfección en diversos puntos do casco urbano e tamén en Torneiros.

Ao longo da mañán, un equipo de 10 operarios, con persoal propio do Concello e da concesionaria “Ascan”, con apoio de dous vehículos, coordinados polo concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal coa colaboración do operario municipal Paulo Santorio realizaron as tarefas.

Actuaron no Centro de Saúde, no Edificio de Xulgados, na estación de ferrocarril, no Mercado de Abastos, nos entornos de igrexas, supermercados, no mobiliario urbano, parques infantís e beirarrúas.

O concelleiro Sergio Casal informou que o luns reanudaranse estas tarefas que se extenderán a outros puntos do termo municipal.