Este sendeiro, de 9 quilómetros de percorido e dificulta­de media, transcorre pola parroquia de Atios, con fermosas vistas sobre o val da Louriña. É un sendeiro circular que parte e remata no merendeiro da Veiguiña. Dende alí des­cemos ata o lugar das lnsuas. Máis adiante atoparémonos coas características formacións de penedos. A través de camiños nos que poderemos observar a flora autóctona, pasamos pola zona do Roupeiro e chegamos a un miradoi­ro dende o que podemos gozar da grandiosidade do Faro de Budiño e das vistas sobre o val. O camiño segue ata a zona de recreo Chan das lnsuas para rematar de novo na Veiguiña.