Atios é a segunda parroquia en extensión e a terceira en número de habitantes. Está situada ao leste do municipio, e nela atópanse a maior parte das famosas canteiras das que se extrae o granito rosa Porriño.
Entre os monumentos de Atios destaca a súa igrexa parroquial. O edificio actual data de 1757, aínda que as súas orixes se remontan ao século XIV.

Trátase dunha igrexa de planta rectangular e nave única, con ábsida en eixo destacada en planta e altura.

Na igrexa parroquial comeza o viacrucis de Atios, un conxunto de 14 cruces. Na ladeira do Monte Castro encóntrase un fermoso cruceiro de pedra datado no século XVIII: é o chamado “Cruceiro do Castro”.

Neste barrio atópase tamén un interesante conxunto de muíños de auga.

No percorrido do Camiño de Santiago está a Capela de Virxe da Guía.

O edificio e de 1640 e goza de gran popularidade en todo o concello.

Na parroquia fíxose un importante descubrimento arqueolóxico: a chamada cista de Atios, que data da Época de Bronce inicial (1800-1000 a. C.) Trátase dunha tumba composta por laxes, e no interior atopouse un interesante enxoval funerario. Está depositada no Museo Quiñones de León de Vigo.
 
Barrios: Alvarín, O Carbón, A Casilla, O Castro, As Cavadas, O Covelo, Os Eidos, Galegos, A Guía, A Ínsua, Liboeira, O Outeiro, A Pontenova, Portela de Souto, O Rial, A Rocha, A Torre, Vilafría a A Viñoeira.
Advocación: Santa Baia
Festas populares:
Festa do Monte: Segundo domingo de xuño
San Bieito: Primeiro domingo de agosto
Virxe da Guía: 15 de agosto.