O sendeiro dos Muíños, de dificultade media – baixa, ten 8 kilómetros de lonxitude e transcorre por zonas de ele­vado interese natural e etnográfico. O percorrido realízase case na súa totalidade por pistas de terra en bo estado.

O punto de partida é a igrexa parroquial de Santa Baía de Atios, do século XVIII. Dende alí avanzamos polo camiño do Vía Crucis, conxunto de 14 cruces das que poderemos obser­var un bo número delas. No barrio do Castro apreciaremos o seu cruceiro, posiblemente do século XVIII, así como os muí­ños de auga, recentemente rehabilitados . Entre penedos de formas curiosas chegamos ós puntos máis elevados do per­corrido, con fermosas vistas: A Veiguiña, o Alto do Corvo e o Penedo do Porco Rachado, coa mellor panorámica posible sobre as canteiras de granito rosa do Porriño. O percorrido descende logo pasando moi preto das canteiras e remata de novo na igrexa parroquial de Atios.