A Escola Municipal de Música do Porriño conta na actualidade con 13 profesores que semanalmente imparten clases das diferentes especialidades instrumentais ós mais de 150 alumnos con idade comprendidas entre os 3 e mais de 70 anos de idade. Conta á vez con cinco agrupacións que dan cabida no só ós alumnos da escola, senón tamén a todos os vecinos e veciñas de O Porriño e contorna, que queiran formar parte das mesmas.

A Escola Municipal de Música de O Porriño está configurada como un primeiro paso para todos os alumnos que desexen estudar académicamente nun Conservatorio, xa que os seus curso de Grao Elemental está programados seguindo as pautas de esixencia para una futura proba de acceso a grao medio. Nesta escola de música, además impartense clases ata segundo curso de grao medio.



ESPECIALIDADES

INSTRUMENTAIS:

Frauta Traveseira, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión Sinfónica, Violín, Violoncello, Guitarra, Piano, Canto, Gaita, Percusión Tradiccional.

COLECTIVAS E HORARIOS:

  • Música e Movemento I (4 e 5 anos). Lúns e Mércores de 18:00 a 19:00
  • Música e Movemento II (6 e 7 anos). Lúns e Mércores de 19:00 a 20:00
  • Linguaxe Musical 1º grao elemental. Martes 18:30 a 19:30 e Xoves de 18:00 a 19:00
  • Linguaxe Musical 2º grao elemental. Martes 18:30 a 19:30 e Xoves de 18:00 a 19:00
  • Linguaxe Musical 3º grao elemental. Martes 18:30 a 20:30 e Xoves de 20:00 a 21:00
  • Linguaxe Musical 4º grao elemental. Martes 18:30 a 20:30 e Xoves de 20:00 a 21:00
  • Educación Auditiva (1º,2º,3º,4º). Xoves 19:00 a 20:00
  • Linguaxe Musical 1º Adultos. Mércores 20:30 a 22:00
  • Linguaxe Musical 2º Adultos. Lúns 20:30 a 22:00
  • Linguaxe Musical 3º Adultos. Lúns 20:30 a 22:00
  • Taller de Percusión. Lúns 18:30 a 19:00
  • Taller vento madeira. Mércores 20:00 a 20:30
  • Taller vento metal. Mércores 18:30 a 19:00

AGRUPACIÓNS

BANDA DE MÚSICA

Esta agrupación está aberta a novas incorporacións. Todolos interesados, poden porse en contacto na propia escola.

CORAL INFANTIL
Composta na actualidade por 42 voces brancas, case todos alumnos da escola que cursan dende 1º curso ata 4º de grao elemental. Ademáis, esta agrupación está pensada para todos os nenos e nenas que queiran participar da mesma, sexan ou non alumnos do centro. É una actividade de caracter gratuita. 

CORAL POLIFÓNICA
Para os mais maiores, sexan ou non alumnos do centro. Na actualidade está fomada por 46 voces mixtas e participan fundamentalmente nos festivais organizados pola escola. Os interesados, poden participar desta actividade pondose en contacto na propia escola ou no teléfono de contacto. 

ORQUESTRA
Os alumnos de corda da Escola de Música Municipal do Porriño, teñen nesta agrupación una oportunidade para por en valor os aspectos aprendidos durante as clases individuais nas diferentes especialidades. Un total de 23 alumnos traballan conxuntamente coa intención de dar a coñecer nas diferentes audicións do curso, todo o aprendido pero dunha forma colectiva.

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL
Sen duda una agrupación tradicional pon en valor a cultura dun pobo, e neste caso, dende a Escola de Música, queremos dar a oportunidade aos alumnos que cursan Gaita e Percusión Tradicional para que conxuntamente, traballen un repertorio específico nunha agrupación destas características. Podese incorporar todo o que queira.


PROFESORADO

RAQUEL FERNÁNDEZ (Directora, Violín)

CARLOS GONZALEZ (Xefe estudos, Piano)

ROCIO ALVAREZ (Saxofón)

ENRIQUE COMESAÑA (Frauta)

DAVID TRASTOY (Vento metal)

BLAS CASTAÑER (Percusión Sinfónica.)

JACOBO GARCIA (Violonchelo)

RUBÉN ABAD (Guitarra)

INDRA SESTI (Canto)

ISIDRO VIDAL (gaita)

SUSO ALONSO (Percusión  Tradicional)

JUAN ÁLVAREZ (Clarinete)

JOSE CASTRO (Clarinete)


CONTACTO

Dirección: Multicentro de Torneiros Ribeira s/n

36410 O Porriño, Pontevedra

Teléfono:  986 33 82 17

                e 986 33 89 05

Horario: Lúns a Venres de 16:00 a 22:00

Email: emmporrino19@gmail.com