Santa María do Porriño é a parroquia máis pequena pero máis densamente poboada de todo o concello. Ademais do centro urbano, conta cunha zona rural.

A procedencia do seu nome é motivo de discusión desde hai anos, e non se sabe se deriva do cultívo de porros, da antiga cor das augas do Louro, da industria ganadeira ou de Xan Porro, mesoneiro que estableceu o seu negocio na primeira metade do século XVI na zona de San Sebastián, hipótese lendaria anque de ningún xeito inadmisible.

   

No centro urbano atópanse os principais servizos do município, así como os monumentos de maior interese, como a Casa do Concello, a Botica Nova, a Fonte do Cristo, o Templete da Rede de San Luis, a Igrexa de Santa María e as capelas do Cristo, San Benito e San Sebastián, entre outros.

   

Na zona rural atopamos lugares de interese, como a capela da Virxe dos Miragres, no lugar do Carracido, e a área Recreativa da Risca, que ademais de merendeiro e fermosas vistas sobre a vila e o Val da Louriña, conta cun interesante exemplo de hórreo galego.

   
Barrios: Aviseiro, Carracido, A Carrola, Filgueira, A Gulpilleira, Malladoura, Pego, O Porriño, Ramiráns, A Risca, As Sequeiras.
Advocación: Santa María
Festas populares:
Festas de Entroido.
Cristo dos Cachos, primeiro domingo de maio.
San Bieito, 11 de xullo
Romaria da Risca , xullo ou agosto.
San Sebastián, terceiro domingo de agosto.
Virxe dos Miragres de Carracido, primeiro domingo de setembro.
Festas do Cristo, primeiro luns seguinte ao cuarto domingo de setembro.
Festa dos Gallos, primeiro domingo de outubro.