A Policía Local de O Porriño tramitou dez denuncias máis contra veciños por diversas infraccións das normas de restricción da movilidade impostas polo Goberno pola pandemia do coronavirus.
As denuncias formularonse entre onte venres e hoxe sábado pola mañán.

Segundo informa a Policía Local entre as diferentes infraccións, tres mozos foron denuncíados por estar sentados nunha terraza tomando algo; outros dous por ir xuntos nun vehículo sen causa xustificada e dous máis por ir paseando xuntos tamén sen xustificación.
Os tres casos restantes tamén foron denuncias por saltarse o confinamento.

Co respecto ás denuncias formuladas por excederse no tempo de paseo cos cans, a Policía Local explica que a norma do Goberno que indica “paseos cortos, sólo para cubrir necesidades fisiológicas”, interpretase no senso de que deben ser por unha marxe de 10 minutos e non alonxandose máis de 100 metros do domicilio. Entendese que ambas condicións chegan dabondo para que o can faga as súas necesidades fisiolóxicas.

A Policía Local de O Porriño entende que tanto neste eido como con outros que restrinxen a movilidade para previr o risco de contaxios, despois de numerosos apercibimentos a duzias de veciños e veciñas, xa rematou o tempo da pedagoxía.

Namentres é de agradecer polo Concello o comportamento responsable de numerosos veciños que como se observa nas imaxes na praza de abastos e na cola do super, observan as restriccións que demanda o estado de alarma.