A PRIMEIRA SAN SILVESTRE DO PORRIÑO SUPERARÁ OS 700 PARTICIPANTES. Dende o venres comeza a entrega de dorsais

 

 

A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.  

A partires de mañá venres 27, comezará a entrega de dorsais  que se poderán recoller no Pavillón Municipal de Deportes entre as 10 h. e as 15 horas.

O mesmo día da proba, o luns 30 de decembro, os inscritos poderán recoller os seus dorsais no Pavillon Municipal ( entre as 8 h. e as 15 h.) e pola tarde, no Concello do Porriño (entre as 17 e as 19,30 h.)

Todos os inscritos deberán estar dez minutos antes do inicio da proba (prevista para as 20 horas) e colocarse na zona de saída, na rúa praza Arquitecto Antonio Palacios.

Todos os participantes deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó “SOS Porriño”, o Banco de Alimentos Municipal.  Por iso a proba chamase “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.

A proba está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

O remate haberá dous stands de bebidas patrocinados por “Mahou” e tamén chocolate para que os participantes repoñan forzas.

“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria” manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes que tamén está inscrito e participará na San Silvestre.

Diversos eventos da programación de Nadal para esta fin de semana

O Concello do Porriño anuncia diversos eventos da programación de Nadal que terán lugar a partires do venres 27 e durante a  fin de semana.

Ademáis do Mercado de Nadal que finalmente vaise celebrar sábado e domingo na rúa peonil -do que xa informamos noutra nova nesta mesma páxina web-, haberá oito actividades máis, segundo confirma a Concellería de Festexos.   

O venres 27 teremos o Concerto das Maimiñas e as Panxoliñas e Noemí Fernández. “Maimiñas” é o dúo formado polas profesoras de música: Lucía Lago, “Mai”, e Irene Álvarez Lago, “Miña”  que visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría. A partires das 18 horas no escenario instalado na praza do Concello. E a continuación delas, actuará a cantante porriñesa Noemí Fernández. Ven de quedar subcampeona na final do “Tour Music Fest”, certame europeo de novos valores musicais celebrado este mesmo mes en Roma. 

O sábado 28 haberá obradoiros infantís. Na praza do Arquitecto Palacios en quendas de mañan (11 h a 14h) e de tarde (de 17 a 20 h). Tamén o sábado teremos o desfile da Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, a partires das 19 h, por diversas rúas da vila. E finalmente o sábado haberá o “Festival de Dj’s” previsto na carpa do Roxy, desde as 23 horas.

O domingo 29 haberá outros dous obradoiros infantís en quendas de mañán (de 11 a 14 h.) e de tarde (de 17 h. a 20 h.).

Asimesmo o domingo 29 teremos a visita do Apalpador, patrocinada pola Deputación, que estará cos nenos e as nenas do Porriño a partires das 19 horas, percorrendo diversas rúas da vila.  

 

Por fin haberá Mercado de Nadal

Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, a Concellería de Festexos informa que haberá Mercado de Nadal que terá lugar o vindeiros días sábado 28 e domingo 29.
Celebraráse na rúa peonil en horario de 11 horas a 20 horas, para os dous días.

Mercado de Nadal é unha iniciatica da AAVV de San Benito e San Sebastián que conta co apoio do Concello do Porriño que inclue esta actividade na programación de Nadal.
Deputación de Pontevedra, a Asociación de Loita contra o Cancro, “Ekohuerta”, a protectora de animais do Porriño “Lena” e a Asociación “Baas Galgo” colaboran con esta iniciativa solidaria e sostible

Porriño participa no curso “Coas mans na masa” o abeiro do Grupo de Desarrollo Rural

Porriño será un dos catro concellos que participará no curso “Coas mans na masa” orientado a todas aquelas persoas ligadas de xeito profesional ao mundo da hostalería e a restauración.
O curso chamase “Cociña creativa con produto local”. Da man do chef galego Iván Méndez, os participantes descubriran novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. O curso é eminentemente práctico e aprenderase facendo, experimentando, cociñando e elaborando.

Os cursos terán lugar en catro concellos do territorio do Grupo de Desarrollo Rural GDR 14 que son Nigrán, Tomiño, Redondela e O Porriño onde impartiráse os días 20, 21 e 22 de abril. No Porriño o curso impartirás na aula de cociña do Multiusos de Torneiros.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e teña algunha relación co sector da hostalería e da restauración, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán nun horario adecuado ás persoas profesionais que participen, polo que se definirá da súa man antes do comezo do curso. Haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais asistiu en representación do Concello do Porriño ó acto de presentación celebrado en Redondela.

A Corporación Local celebrará o xoves 26 a derradeira sesión plenaria de 2019

O Concello do Porriño despedirá o ano político-municipal 2019 cunha derradeira sesión plenaria, de carácter ordinario, que se celebrará o xoves 26, a partires das 18 horas.

Terá dez puntos na orde do día ademáis de mocións, rogos e preguntas. De antemán o asunto máis salientable é a proposta de adxudicación definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á empresa “Sociser Galicia”.     

Tanto este asunto como os demáis da orde do día informaronse nas comisión municipais de Urbanismo, Economía e Fazenda e Servizos Sociais e Igualdade, celebradas o pasado mércores 18.

 

O Goberno Municipal insta á Xunta para que asuma arranxos bo CEIP Antonio Palacios e na Galiza Azul de Torneiros

O Goberno Municipal do Porriño instou á Xunta de Galicia a resolver as deficiencias que apareceron nos centros educativos de Torneiros, tanto na Escola Infantil Galiña Azul como no CEIP Antonio Palacios. A través de dúas cartas o Concello porriñés reclama a sendas instancias da administración autonómica que poña os medios necesarios para arranxar os problemas detectados.

No caso da gardería, o pavimento do comedor que é de tarima flotante está levantado, desgastado e constitue un risco para os nenos e nenas como expón un informe do arquitecto municipal acompañado con fotografías. O informe ilustra a misiva dirixida pola alcaldesa Eva García ao presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez na que lle insta para que ese departamento asuma o seu arranxo.

No caso do CEIP Antonio Palacios, é a concelleira de Educación Lourdes Moure a que prantexa por carta ó xefe territorial de Educación, Julio César Pérez Ares a necesidade de acometer as obras necesarias de arranxo do patio de xogos do centro que está moi deteriorado. A carta adxunta outro informe do arquitecto municipal, José Luis Basanta que propón a renovación total do pavimento do patio do colexio, cunha superficie aproximada de 625 metros cadrados, instalando outro máis axeitado para soportar as inclemencias meteorolóxicas.

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS POLA BORRASCA “FABIEN”

O Servizo de Deportes do Concello do Porriño informa o seguinte:

Co gallo das suspensións de actividades deportivas decretadas por diversas federación autonómicas, mañán sábado, o Polideportivo Municipal permanecerá pechado. Tan só abrirá para as competicións de carácter nacional, en horario de tarde.
Agás nova notificación, as actividades do domingo 22 manteñense programadas para ós horarios establecidos.

Entrega de diplomas do curso “Tecendo lazos”

Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa “Tecendo lazos”. En concreto do curso de “Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados” realizado no Centro Cívico do Porriño.

Neste obradoiro realizaronse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoveu o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación,

Tratouse dun obradoiro interxeneracional no que participaron persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.) .

Un Bando da Alcaldía informa dos horarios vixentes para o sector de hostalaría nas Festas do Nadal

Un bando da Alcaldía do Porriño comunica os horarios de peche dos establecementos do sector da hostalaria e espectáculos que estarán vixentes no concello durante as vindeiras festas de Nadal.
No bando que adxuntamos indicanse os horarios de peche.
Lembramos que son os seguintes:
Salas de festa: 5:30 horas; Discotecas: 5:30 horas; Salas de baile: 5:30 horas; Pubs: 4:00 horas; Restaurantes: 2:30 horas; Salóns de banquetes: 3:30 horas; Bar e Café-bar: 2:30 horas Cafetería: 3:00 horas.
Estes horarios amplíanse 30 minutos máis, nas noites dos xoves, venres, sábados e domingos.
Asimesmo o bando lembra que a Xefatura Territorial da Consellería competente na materia da Xunta de Galicia, poderá autorizar ampliacións dunha hora sobre os horarios límite de peche establecidos có gallo das Festas de Nadal.