O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e da Oficina Municipal de Información á Xuventude, participa dende o pasado martes e ata o vindeiro 2 de xuño, nun ciclo de seminarios “on line”, promovidos a nivel nacional por UNICEF. O obxectivo é mellorar a atención á infancia e á mocidade no contexto actual de crise pola pandemia do “Covid-19”.
Os gobernos locais expoñan as súas respectivas experiencias explicando como están a actuar para mitigar os efectos da crise económica nos sectores máis desfavorecidos.

“Porriño amosara aos restantes concellos participantes as súas actuacións para rachar coa fenda dixital entre alumnos perante a compra e reparto de 250 routers e tarxetas de conexión wifi entre os estudantes cúas familias carecían de conexión á Rede, así como o traballo que estamos a realizar no eido dos Servizos Sociais procurando alimentos para máis de 800 porriñeses, entre eles 311 menores”, subliñou Lourdes Moure, concelleira de Educación.


Perante este ciclo de seminarios preténdese reforzar a aprendizaxe colectiva e compartida entre Porriño e os demais gobernos locais de cidades vencelladas á rede de UNICEF. Os seminarios propoñen prácticas innovadoras para enfocar problemas de xénero, participación infantil e igualdade neste estado de alarma no que continuamos.