Acordo unánime para desafectar as antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais

O Concello do Porriño aprobará, co acordo unánime de todos os grupos políticos da Corporación, a desafección das antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais.
A proposta realizada no nome do goberno municipal bipartito polo concelleiro de Infraestructuras e Patrimonio, Pedro Pereira será levada a pleno para a súa ratificación. Ainda que xa recibiu o respaldo dos restantes grupos políticos na reunión que celebrou onte a xunta de voceiros municipais. A alcaldesa Eva García engadiu que o proxecto de conversión en vivendas sociais podese acoller a unha liña de subvencións do 90% que establece o propio Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Á Xunta de Voceiros Municipais, presidida por Eva García, asistiron ademáis do citado Pedro Pereira, Lourdes Moure (PSOE), Abel Estévez (PP), Pedro Ocampo (EU Son) e Manuel Carrera (UDDL).

Entre outros acordos decidiuse que o pleno deste mes de febreiro sexa o xoves 27, ás 18 horas, para evitar a coincidencia co Mércores de Cinza e co Enterro da Sardiña.
Tamén tratouse da proposta do Rueiro Municipal para denominación de rúas e prazas que ainda está en fase de consultas que continuarán en marzo. Acordouse pechar os preparativos da Comisión Especial do Lindano que se vai constituir formalmente o vindeiro mércores 19, a as 19 horas.

Ademais o concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira debatiu cos voceiros dos grupos a posibilidade de establecer unha posición común do Concello no asunto existente en Budiño entre cinco entidades deportivas, culturais e veciñais e a Comunidade de Montes. De momento non é posible por diferencias de criterios que se volverán a tratar nunha reunión específica que terá lugar o vindeiro xoves 20.
Pretendese intermediar para acadar unha solución a tres bandas que garanta o mantemento dos usos de instalacións cuia titularidade pasou a mans da Comunidade de Montes, por sentenza do Xurado de Montes.

Inaugurada a remodelación da biblioteca do CEIP “Antonio Palacios”

Eva García,alcaldesa de O Porriño xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure e o Xefe Territorial da Conselleria de Educación, César Pérez Ares inauguraron hoxe a reforma da Biblioteca do CEIP Antonio Palacios.

O espazo replanteouse co novo mobiliário é unha “Zoa Maker” dotada con material informático e audiovisual, para atender as demandas dos 405 alumnos que actualmente están matriculados neste centro.

O Porriño acolleu a Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo

O Concello do Porriño foi o anfitrión da Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo que otorgou os seus galardons a pilotos, escuderías, patrocinadores e institucións colaboradoras. O evento tivo lugar no Polideportivo Municipal.

O Porriño foi elixido para celebrar a Gala en recoñecemento ó seu vínculo co deporte do motor. De feito foi unha das institucións recoñecidas.

Ademais de pola súa continuada colaboración co RALLY RIAS BAIXAS do que Porriño é un fito moi especial, tamén premiouse polo patrocinio do RALLY MIX CONCELLO DO PORRIÑO que se celebrou por primeira vez no fin de semana principal das FESTAS DO CRISTO.

Por otra banda, o Concello do Porriño manten un compromiso activo coas boas prácticas ó volante como acreditou co curso de conducción segura “CONDUCE CON XEITO”. Impartido gratuitamente a máis de 200 veciños e veciñas de O Porriño, con clases teóricas e prácticas que contaron coa colaboración de pilotos de rallys como os campeón de España Ivan Ares e José Pintor.

A alcaldesa Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure foron as encargadas de recibir os galardóns otorgadas ao Concello do Porriño.

PORRIÑO CANCELA A REUNIÓN DA COMISIÓN DE DESLINDE CON MOS

O Concello do Porriño informa que ainda está recabando documentación e planimetría necesarias, segundo decidiiron hai unha semana os voceiros dos grupos municipais da Corporación. O acordo tomouse para argumentar os seus dereitos fronte a Mos. De tal xeito que reunir mañá a Comisión Especial de Deslinde sería precipitado.

Polo tanto este mediodía o gabinete da Alcaldía do Porriño comunicou ó Concello de Mos que non procede a celebración ainda da Comisión de Deslinde que queda cancelada ata nova data.

A Mesa Local de Comercio confirmou preparativos e datas para a vindeira edición de “Merca na Rúa”

A Mesa Local de Comercio celebrada a última hora desta mañan, no Concello, confirmou preparativos e datas para a vindeira edición de “Merca na Rúa”. Será a vixésimo segunda edición da feira de stocks e oportunidades que organiza a asociación de comerciantes “ACIPOR” coa colaboración do Concello do Porriño. Terá lugar os días 7 e 8 de marzo. Como é habitual os stands das firmas participantes estableceranse na rúa peonil. Segundo as estimacións dos organizadores haberá 23 postos de venda, dos casi 7 serán dobres.

Na reunión da Mesa Local de Comercio participaron os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure e Sergio Casal, Eugenio Fernández, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola asociación de comerciantes porriñeses, Juana Pérez, presidenta e Noelia Conde, xerente de ACIPOR.

A Concellería de Cultura crea un Rexistro Municipal de Asociacións Locais

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño anuncia a creación dun Rexistro Municipal de Asociacións Locais.
Poderán inscribirse todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións correspondente e que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.

A finalidade é permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, coñecer os seus fins e a súa representatividade. Fomentar a participación organizada e a vida asociativa no municipio. Dar a coñecer e así fomentar o asociacionismo e participación cidadá.

As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada.

Deixamos os enlaces cos diferentes documentos.

Regulamento_RexistroMunicipalAsociacions

SolicitudeInscrcicon_RexistroAsociacions

ModeloCertificado_NumeroSocios

A Alcaldesa valora o anuncio do ADIF como “o maior avance acadado” para suprimir o paso a nivel

Eva García de la Torre recibiu “con moita satisfacción” a nova comunicada este mediodía polo ADIF que resolveu licitar o contrato para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel polo centro do Porriño. A alcaldesa valorou como “o maior avance acadado ata de agora polo Concello do Porriño nas xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento”, declarou.

O orzamento do contrato de licitación “xa acredita a complexidade da actuación” dixo Eva Garcia que din entender que “o ADIF queira revisar todas as posibilidades para a supresión do paso a nivel”.

A alcaldesa indicou ó respecto que “satisfacenos que o ADIF tomase en consideración a complexidade do enclave, extremo que nos transmitimos nas sucesivas reunión e que polo tanto busque a mellor solución técnica posible”. Ainda que a rexidora aclarou que “Porriño considera irrenunciable acadar o soterramento da liña férrea”.
A alcaldesa porriñesa lembrou que “o avance de hoxe conectase coas xestións realizadas por mín ante o ADIF en 2018 e no pasado mes de setembro de 2019”.
Na imaxe adxunta lembramos a reunión do pasado 19/09/2019 coa directora xeral de Planificación do ADIF na que tamén estiveron os deputados Guillermo Meijón e Olga Alonso.

A nota do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias licita o contrato para a redacción do estudo xeotécnico, de alternativas, proxecto básico e proxecto de construcción. O comunicado engade que “debido á proximidade de vivendas e a súa densidade, a supresión do paso entrana unha especial dificultade técnica e ten sido obxeto de debate no que atinxe a plantexamentos e propostas anteriores”.
O ADIF cita que diariamente cruzan o paso a nivel con dobres semibarreras 6.500 vehículos diarios, ademáis de que xcruzan numerosos peons e hai 33 circulacións ferroviarias diarias.

O Concello do Porriño renova contratos de patrocinio con doce clubs

A alcaldesa Eva García recibiu hoxe ós presidentes e directivos dos doce clubs da vila que se benefician de contratos de patrocinio do Concello do Porriño. Os convenios xa corresponden ó exercicio de 2020.


Despois da súa firma electrónica abonaranse nestes días 334.000 euros que corresponden o oitenta por cento do total dos respectivos patrocinios.
Os doce clubs beneficiarios son: Balonmano Porriño; Porriño Baloncesto Base; Porriño Industrial; C.D. Pontellas; U.D. Atios; Mosende C.F.; Club San Salvador de Budiño; A.D. Avanza; Club de Tenis Porriño; Club de Atletismo Porriño; Club Patín Porriño y Club Colombófilo.

Eva García anunciou que “este ano 2020 agardamos que sexa o último en que empregamos este sistema de convenios e para o orzamento de 2021 pretendemos que se estableza un sistema por concorrencia competitiva qie sexa máis axeitado tanto ós méritos deportivos como o traballo coa base e o número de practicantes”, sinalou a alcaldesa.

Xunta de Goberno Local acordou adxudicar a “Covsa” as obras de humanización en rúa Doantes

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.

Na mesma reunión do gabinete municipal coaligado PSOE-BNG presidida por Eva García de la Torre coa participación dos concelleiros Pedro Pereira, Lourdes Moure, Sergio Casal y Cami Moreira (David Alonso tivo que ausentarse) aprobaronse sendos expendentes para licitacións. Son para contratar o servizo de limpeza dos centros educativos do concello e por outra banda para contratar o servizo de telefonía fixa e móbil así como de internet para o Consistorio.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou remitir á Deputación o Plan de Mobilidade. Asimesmo acordouse enviar á institución provincial, para a súa inclusión no Plan Concellos, media duzia de pavimentacións de camiños municipais en Torneiros, Cavadas-Atios, Covelo-Atios, Centeans-Pontellas e A Vaquería-Budiño, así como as obras de humanización da rúa Aloques.

O Concello recoñece ós ciclistas porriñeses polos seus éxitos no cameponato de España de Ciclocross

O Concello ofreceu unha recepción ós ciclistas porriñeses que acadaron títulos e unha sobranceira participación no recente Campeonato de España de Ciclocross celebrado hai dúas semanas en Pontevedra.
Asistiron Laura Mira e Uxía Soto, campeona e subcampeona de España en categoría cadete feminina respectivamente.
Tamén acudiron catro integrantes da selección galega que participaeron no Campeonato de España nas súas respectivas categorías, todos eles integrantes do club local A.D. Avanza. Son Oscar Fernández, Hugo Martínez, André Martínez (líder da Copa Galicia de ciclocross) e David Fernández (campeón galego da modalidade de “Enduro”).


Todos eles recibiron un agasallo do Concello de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes que desexoulles moitos éxitos deportivos “pero tamén vos pido que sigades cos vosos estudos porque non se poden descuidar a vosa formación.
Á recepción ofrecida polo Concello tan só faltou Marcial Rodríguez por problemas laborais. O Concelleiro de Deportes entregaralle o agasallo de recoñecento do Concello polo seu título de Campèñon de España de Ciclocross en categoría Master 50 que se une ó título de Campeón de Galicia na mesma categoría que acadou no Porriño en decembro.