Toda a poboación do Porriño beneficiarase da plena mobilidade sen franxas horarias coa nova orde do Goberno que retira as limitacións para os núcleos de menos de 10.000 habitantes, segundo anunciou onte o presidente do Goberno Central.

Cando entre en vigor esta nova instrución, a mobilidade sen franxas horarias chegará tamén ao centro da vila, á parroquia do Porriño que ten unha poboación de 9.057 habitantes.

O centro da vila quedara ao marxe cando o pasado 8 de maio, elimináronse as franxas horarias para os habitantes de núcleos de menos de 5.000 persoas, medida que beneficiou a Torneiros, Atios, Pontellas, Budiño, Mosende, Chenlo e Cans, ademais do núcleo de Carracido.

A eliminación de franxas horarias para núcleos de menos de 10.000 habitantes entrará en vigor cando se publique no BOE unha orde ministerial do ministro de Sanidade que agárdase ao longo do día de hoxe, segundo a información que obra no Concello do Porriño e na Policía Local.