O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”.
De tal xeito que as Concellerías de Educación e Xuventude do Porriño comunican a anulación do programa “BootCamp” e tamén da “Feira Tecnolóxica”. Ambas dúas serán datadas para o vindeiro curso 2020/2021 despois de que se celebre unha reunión coas direccións dos centros educativos.
Lembremos que “BootCamp” ía celebrarse neste mes de abril, despois da Semana Santa, enfocada aos alumnos de Secundaria, para axudarlles a coñecer e elixir saídas profesionais. E a “Feira Tecnolóxica”, tamén en colaboración coa empresa “KidCode”, anulase ata o vindeiro curso pola escasez de datas para a súa preparación xa que estaba prevista celebrarse o 29 de maio.
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19″, promovido pola Xunta de Galicia.
Segundo recolle a información recibida pola Concellería que dirixe Cami Moreira, o Plan está conformado por 18 cursos “on line”. Ofertan un total de 1.250 prazas. Están orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (cun especial fincapé na reciclaxe na casa); novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.
No ámbito da mocedade, as accións formativas centraránse no eido dixital, na comunicación, tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos personas xóvenes de entre 16 e 35 anos.
Os formularios de inscrición estarán disponibles a partir do mércores 8 e o prazo rematará o 13 de abril.
Deixamos o enlace para os/as interesados/as coa páxina web de Voluntariado Galego (Consellería de Política Social) con toda a información necesaria.
Para axudar a levar mellor a corentena, a Biblioteca Municipal do Porriño non pecha en internet e traballa ofrecendo unha selección de contidos, lecturas e recursos “online “que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.
Deixamos o enlace coa web do departamento de Cutura e coa propia Biblioteca Municipal para que poidan consultar as diferentes propostas e suxerencias.
Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas que recibiu o Concello do Porriño para a súa utilización polos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Nestes días o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.
Por outra banda outro grupo de mulleres porriñesas, entre elas a propia Eva García, alcaldesa da vila, están a confeccionar cos seus propios medios e nas súas casas, tanto patróns para os “EPI” como mascariñas de protección de dous tipos que entregan periódicamente tanto á Policía Local como tamén aos profesionais sanitarios que están a traballar no Centro de Saúde.
Tanto o material para os EPIs (traxes de protección) como para as mascariñas procede de doazóns de empresas porriñesas ás que o Concello agradece a súa desinteresada colaboración.
Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”. Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.
Entre onte venres e hoxe sábado recibironse na sede de “SOS Porriño” as doazóns de “Coren” que entregou 500 kilos de conservas e “Gadis” que aportou media tonelada de fariña e azucre. O luns será “Distribucións Froiz” quen aporte 1.000 kilos de arroz e a industria “Ceamsa” patrocine a entrega de 300 botes de cacao instantáneo. E “Nova Pescanova” repetirá aportación de 250 kilos de productos elaborados de peixe e marisco conxelado. Todas estas doazóns súmanse ás recibidas dende o luns pasado entregadas pola antedita “Nova Pescanova” así como por “Eurobanan” e “Noribérica”. Ademais da entrega semestral da Cruz Vermella que mandou un camión con 20 toneladas de alimentos non perecedoiros.
A Policía Local de O Porriño realizou 155 denuncias por incumprimentos diversos das medidas de confinamento, ata a mañán día de hoxe e durante as tres tres semanas transcorridas dende que se decretou o estado de alarma. O número de denunciados medrou hoxe venres, xonada na que se impuxeron 16 denuncias ata o mediodía.
A meirande parte dos denuncíados son veciños de Porriño pero tamén hai foráneos e transeúntes de Vigo, Tomiño, Mos, Salceda, As Neves e outros concellos da contorna. A infracción máis recorrente é sair a pé ou no coche dar unha volta carecendo de motivo xustificado. En cambio, as denuncias por infrinxir ou propasarse co pretexto de sacar o can, rebaixaronse.
Hai varios reincidentes. Destaca o caso dun veciño de Pontellas que xa acumula tres denuncias por infrinxir o confinamento saíndo a pasear coa súa bicicleta sendo interceptado polas patrullas policiais en diferentes puntos do termo municipal.
Todas as denuncias son remitidas á Subdelegación do Goberno que se encaga da súa tramitación, valoración dos feitos, imposición da coantía da multa e xestión da mesma. As multas por incumprimento do estado de alarma van dende os 600 euros ata os 30.000 euros, segundo graos. Tan só nun caso dun vecino de O Porriño, a Policía Local deu conta tamén da denuncia ao Xulgado pola gravidade do desacato. Tratase dun “sen teito” que tivo unha conducta desconsiderada coa patrulla policial.
Por outra banda, a Policía Local e o Concello de O Porriño “queren agradecer o comportamiento maioritario da veciñanza que observa correctamente o confinamento así como daqueles cidadás que colaboran e avisan ás forzas de seguridade para alertar sobre o comportamento insolidario dalguns”, segundo manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Asimesmo a concelleira agradeceu no nome do Concello “o traballo de todos os colectivos profesionais que están a protexernos profesionais sanitarios, servizos de limpeza, forzas e corpos de seguridade do Estado e de xeito particular á Policía Local do Porriño que está ao pé do cañón as 24 horas do día”, engadiu Moure Varela.
O Concello do Porriño en colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia (ASEIA) ven de poñer en marcha un servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes nesta sirtuación de confinamento que estamos a vivir.
A prestación deste apoio sicolóxico tamén abrangue a coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos. Realizase por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social. Encarganse de dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de illamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.
A atención é gratuita e pode solicitarse a través de teléfono e/ou por email:
O Concello do Porriño axiliza esta semana o pagamento a proveedores por un importe global de 400.000 euros correspondentes a facturas deste primeiro trimestre co propósito de inxectar líquidez na economía local, prácticamente paralizada pola situación de estado de alarma sanitaria.
“Seguimos intentado paliar os efectos desta pandemia mediante o pago a pequenos proveedoresde tal xeito que esta semana axilizaronse trámites para aboar 400.000 euros en facturas pendentes do primeiro trimestre deste ano”, declarou a alcaldesa Eva García.
A rexidora indicou que mediante tele traballo tanto Intervención, Tesoreria, Secretaria e a propia Alcaldía “seguen a tramitarse máis pagamentos tanto por suministros como luz, telefonía e recollida de basuras así como con servizos prestados por outros proveedores cuia licitación está en marcha”, rematou Eva García.
Lembremos que en materia económica o Concello do Porriño acordou hai unha semana o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as medidas de confinamento.
A Alcaldesa Eva García ven de firmar un bando adicado aos nenos e nenas de O Porriño polo seu comportamento exemplar axudando a vencer o coronavirus.
A idea de facer este bando infantil é por iniciativa da Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX.
Porriño que é Cidade Amiga da Infancia nomeada pola UNICEF dende 2018, quere rendir deste xeito unha homenaxe aos máis pequenos de cada fogar pola súa contribución para superar esta pandemia.
A alcaldesa Eva Garcia promulgou un decreto polo que o Concello de O Porriño comunica o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as medidas de confinamento, suspensión de actividades económicas e restricción da movilidade con motivo da pandemia de coronavirus.
A rexidora porriñesa explicou que “imos devolver pagamentos xa realizados por servizos que non puideron prestarse como por exemplo aos usuarios da piscina municipal,”. Asimesmo Eva Garcia indicou que “están a valorarse outras medidas entre as que estudamos como facer cos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI), pero de momento, aprazaremos os devengos”, sinalou a alcaldesa.