O Concello de Porriño, a través da Escola Municipal de Música, organiza, coa colaboración da Deputación Provincial, a quinta edición do “Festival de Coros” que se celebrará mañán xoves no Círculo Recreativo e Cultural da vila.
Actuarán o Coro Polifónico de Entenza (de Salceda de Caselas); o Coro Voces de Chenlo de Porriño e a Coral Polifónica da Escola Municipal de Música de Porriño. A partir das 19,30 horas con entrada de balde ata completar aforo.
O Concello de Porriño renovou a súa achega económica que se mantén en 20.000 euros para a XVI edición do Festival de Curtametraxes de Cans que terá lugar do 22 ó 25 de maio. Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e “Keka” Iglesias, presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, xa suscribiron o correspondente convenio de colaboración que garante a aportación económica do Concello. A cantidade que fora incrementada en 2018 polo goberno municipal que preside Eva García supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans. “Ese esforzo xustifícase pola maior importancia que cobra cada ano o Festival que pón O Porriño no mapa cultural de Galicia e de España”, valorou a alcaldesa. No texto do convenio suscrito entre Concello e maila Asociación Arela suliñase que o Festival de Cans “é un dos acontecementos de maior popularidade e, sen dúbida, o que maior impacto mediático acada de xeito que promociona Porriño a nivel galego, estatal e incluso internacional”. O apoio do Concello de Porriño ó Festival de Cans non se reduce á achega económica senon que tamén é loxístico xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestions de Seguridade, Tráfico, Limpeza, Vías e Obras que contribuen á realización do evento.
Soledad Girón, concelleira do equipo de goberno, responsable de Servizos Sociais entregará este serán os diplomas acreditativos ós quince participantes no curso “Coas as mans na masa” que conclue hoxe na Escola-Obradoiro do Multicentro Municipal de Torneiros. Tratouse dun cursiño para elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis do Baixo Miño, Louriña, Condado e Val Miñor.
En concreto este obradoiro para elaboración artesanal de conservas que se celebrou dende o pasado luns en horario de tarde, formou a 15 personas na transformación de alimentos de tempada en conservas naturais, obtendo productos de gran calidade.
“En Porriño, na nosa casa consistorial xa tivemos a honra de ser os anfitrions da presentación o pasado 21 de febreiro estes itinerarios formativos que contribuen a que a veciñanza destas bisbarras valore a importancia da formación como modo de valorización da contorna”, sinalou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda e Educación na apertura das actividades o pasado luns.
Eva García de la Torre agarda que o impacto do ERE que a
firma “Levantina y Asociados de Minerales” propónse aplicar nos seus centros de
traballo en España, “sexa moito menor do que temía a plantilla no caso da
fábrica de Porriño”, manifestou a alcaldesa.
Despois “dunha ampla conversa” con Daniel Gil, director de
Recursos Humanos de “Levantina”, a alcaldesa confía en que a dirección nacional
de esta firma –cuia sede principal está en Alacant- valore “a importancia e
rentabilidade” da factoría instalada no polígono das Gándaras de Budiño e “teño
a sensación de que así será”, indicou Eva García.
Tendo en conta que as negociacions do ERE ainda continuarán ata o mércores e que as partes debense ó principio de confidencialidade, o directivo de “Levantina” e maila alcaldesa non entraron nos detalles. Non obstante Eva García mostrouse “razoablemente esperanzada de que o impacto do ERE na plantilla da fábrica de Porriño sexa moito menor”. Inicialmente falabase da eliminación de 33 empregos na factoría local segundo informaron os sindicatos UXT, CCOO e CIG que integran o comité de empresa. Lembremos que despois dunha reunión celebrada o pasado xoves 4 no salón de plenos do consistorio porriñés onde a alcaldesa recibiu ó comité de personal e traballadores da fábrica, Eva García comprometéuse realizar as xestions necesarias ante a dirección da firma granitera para facerlle chegar a inquedanza do Concello de Porriño polo posible impacto de ese ERE na perda de postos de traballo. A alcaldesa permanecerá “coas liñas abertas coa dirección e traballadores de “Levantina” á espera da mellor resolución das conversas que se manteñen”.
Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fazenda visitou e comprobou o resultado das obras de reposición do falso teito nas aulas de Infantil e arranxo dos baños no CEIP Fernández López que acometera o Concello de Porriño. A execución desta obra era unha demanda da comunidade educativa de este colexio que non fora atendida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Despois de terse reiterado a petición sen acadar resposta afirmativa da administración autonómica, finalmente o Concello de Porriño decidiu asumir a súa execución con cargo ó orzamento do plan de obras que están a realizarse ata o final do presente mandato”, sinalou Lourdes Moure. De feito a ANPA A Oliveira dese centro de ensino agradeceu no seu Facebook a colaboración prestada polo Concello de Porriño.
Lourdes Moure, concelleira de Educación inaugurou esta tarde o curso formativo que se impartirá ata o mércores na Escola-Obradoiro de Torneiros dentro do ciclo “Coas mans na masa”.
A concelleira deu a benvida ós cursillistas e monitores do curso de elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis.
Lourdes Moure lembrou que “no pasado mes de fevreiro tivemos a honra de ser anfitrions no Concello de Porriño, na nosa casa consistoria, da presentación destes itinerarios formativos que contribuen a que a veciñanza valore a importancia da formación como modo de valorización da contorna”.
En concreto este obradoiro para elaboración artesanal de conservas que acolle a Escola-Obradoiro de Torneiros, vai formar 15 personas na transformación de alimentos de tempada en conservas naturais, obtendo productos de gran calidade. xa sexa para o autoconsumo ou para a súa comercialización.contorna.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
Trátase da sexta edición da proba posto que en 2018 non chegou a celebrarse polo terrible suceso de Paramos, en Tui. A organización decidiu suspender ó atoparse Tui de loito oficial e máxime sendo este concello o punto de partida da Triatlón coa proba de natación no río Miño.
Polo tanto doce meses despois o Triatlón Concello de Porriño retorna coas forzas renovadas. A organización está cos preparativos da proba que será oficialmente presentada o 24 de maio, nun formato novedoso.
O prazo de inscripción xa está aberto. Podese consultar e tramitar a través da páxina web triatlonconcellodoporrino.com que dispón dun enlace para o formulario de inscripción on line coa Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).
O Concello de Porriño colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Mino, Louriña e Salceda que ó longo destes días está a desenrolar a II Semana da Memoria. Os actos comezaron o sábado 6 cunha charla no Centro de Guláns, en Tomiño, continuarán hoxe en A Guarda e chegarán mañán martes a Porriño. No Centro Cultural Municipal, a partir das 19,30 horas, o profesor Xosé Alvarez falará do “Ensino na II República”. O relator será presentado por Raúl Francés.
Durante a vindeira fin de semana desenrolaránse os actos finais desta II Semana da Memoria Histórica. O sábado celebrarase a lembranza dos fusilados que se vai celebrar en Tebra (Tomiño) e o domingo 14, na conmemoración da data da proclamación da II República, un acto que terá lugar en A Volta da Moura, en Tui.
A OMIX do Concello de Porriño comunica o aprazamento da actividade ó aire libre prevista para o venres 5 de abril no abeiro da programación “Vive a Cultura Urbana”. As malas previsions meteorolóxicas aconsellan posponer as actividades previstas.
O comité de personal e traballadores de “Levantina” acudiron este serán ó Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García, quen abriu as portas do salón de sesions para celebrar a reunión e acoller a todolos asistentes, comprometeuse con eles a facer chegar á dirección da empresa “a preocupación do Concello polo impacto negativo que tería ese ERE para 33 familias de Porriño”.
Delfín Pensado, traballador e presidente do comité de empresa de “Levantina” en Porriño fixo unha exposición da situación e instou esa mediación da alcaldesa perante “unha urgencia xa que o vindeiro mércores 10 remata o prazo para negeociar unha saída ó ERE plantexado pola dirección de Recursos Humans da firma”. Outros membros do comité de personal que integran delegados de UXT, CCOO e CIG tamén interviron para engadir que o plantexamento da dirección de “Levantina” “é moi duro coa planta de Porriño que tén amosada a súa eficiencia e rentabilidade”.
“Se fose preciso viaxar ata Alacant –onde se atopa a sede central da firma- fariamolo con tal de botarvos unha man e evitar esa perda de postos de traballo” manifestou a alcaldesa porriñesa ós presentes. A tal fin este mesmo serán, ó remate da reunión, dende a Alcaldía realizabanse xestions para establecer contacto coas oficinas principais da empresa na Comunidade Valenciana para instar información do ERE e facer chegar a preocupación do Concello. Namentres a alcaldesa aproveitará mañana venres unha cita na Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia –por unha reunión previamente establecida por outro asunto- para exponer á administración autonómica a preocupación dos traballadores de “Levantina” e do Concello de Porriño por este caso.