Esta mañán a comitiva de 16 estudantes franceses máilos profesores acompañantes visitaron as instalacions das empresas “Blokdegal” e “Granilouro” para coñecer de primeira mán a importancia do sector da pedra na economía e na industria porriñesa. Trátase doutra das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac que están entre nós dende o pasado domingo.
O mércores no horario matinal terán una actividade na sála “Ingrávida” cunha presentación de curtas rodados en Francia e de tarde recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.
O xoves realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño en compañía das familias porriñesas que lles están a dar aloxamento. E o venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.