O Concello de Porriño ten intermediado entre os afectados das canteiras de Atios e a firma Pocasa mediante sendas reunions que recentemente mantivo a alcaldesa Eva García con ambalasdúas partes na casa cosnsitorial. De tal xeito que a alcaldesa nega “a suposta desatención que denuncian os veciños de Atios” que os afectados alegan coma un dos motivos para próximas movilizacions.
Eva García de la Torre lembrou que “na reunión habida hai uns días facilitei ós representantes dos afectados toda a información sobre os expedentes que obran neste Concello e recomendeilles que puxeran o asunto da reclamación da débeda de “Pocasa” en mans dun bufete e que o Concello de Porriño axudaríalles a sufrar eses gastos xurídicos”. “E paralelamente esta Alcaldía instou noutra reunión a “Pocasa” a que pague a débeda que tén cos afectados de Atios conforme a pericial que se fixo na etapa do anterior alcalde Nelson Santos”, engadiu Eva García.
Co respecto ó proxecto de restauración da canteira Vilafría, a alcaldesa sinalou que “O Concello de Porriño atópase ante un procedemento regrado que conta cos informes favorables técnicos, entre eles sinaladamente da Xunta de Galicia, e polo tanto esta administración municipal non pode prohibir esas obras”.
Por último, en relación ás protestas e movilizacions que anuncia a Asociación de Afectados, a alcaldesa limitouse a sinalar que “no eido do máximo respeto ó dereito de manifestación de cada quen, faríalle ver ós veciños que o Concello non é o responsable e que por tanto estarían a petar na porta errada”.