Este serán, a partir das 20 horas, o Concello de Porriño ofrecerá un agasallo no Círculo Recreativo Cultural ós 16 estudantes franceses do intercambio coa vila gala de Fronçac que chegarán hoxe, por vía aérea ata Oporto e logo por estrada ata nosa cidade. Tamén asistirán o agasallo as familias porriñesas que aloxarán nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e dos colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomás que viaxaron o ano pasado ata Francia.
Durante a estancia dos estudantes franceses que se alongará hasta o sábado 20, desenrolaránse diversas actividades de cultura, ocio e deporte organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades. De tal xeito que mañán luns día 15 realizarán unha viaxe ata Santiago de Compostela; o martes coñecerán “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. O mércores asistirán na Sala “Ingrávida” a unha presentación de curtas e detardiña, recibirán no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase a cargo do alpinista porriñés Jesús Martínez Novas. O xoves realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño. E finalmente o venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.