O Concello de Porriño lembra que este sábado 29 terá lugar a entrega do II Premio “Roberto Vidal Bolaño” para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.
O premio corresponderá a Ana Abad de Larriva pola obra “A sombra das árbores”, segundo o fallo do xurado, coñecido hai días, ó que se dará lectura durante a ceremonia. Comezará ás 19 horas no Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro coas intervencións do escritor Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia; Delio García Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Lourdes Moure, concelleira de Educación.
O Concello sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinará coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada.



A Alcaldesa do Porriño cumpriu co seu compromiso cos veciños de A Vaquería e xa remititu unha carta coas reivindicacións á titular da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia. Na misiva que a conselleira Ethel Vázquez xa tén no seu poder, Eva García escribe “solicitoche do xeito máis atento nos informes sobre os avances no proxecto de asfaltado da estrada programado para o mes de setembro”.






