Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.

A proba disputada o pasado 8 de xuño con 205 participantes desenrolouse sen incidencias. A parte sempre máis perigosa é o tramo inicial de natación, cun percorrido de 750 metros no río Miño, debido ás correntes fluviais. Foi impecable grazas á inestimable colaboración do persoal da Comandancia que ademáis cedeu a súa darsena para realizar a primeira transición cando o participantes collen a súas bicicletas para facer o segundo tramo da proba.

O capitán de corbeta Ignacio Tobarra informou á alcaldesa e resto da comitiva municipal do Porriño que en breve será destinado a Madrid e que polo tanto haberá relevo no mando da Comandancia de Tui.

De retorno a Porriño a comitiva municipal detivose no CEIP de Atios para comprobar o resultado das obras de arranxo da pista deportiva cuberta nas que se investiron 19.390 euros durante o pasado mandato 2015/2019 polo goberno de Eva García. Ainda resta por rematar a construcción dos baños que se acometerá en breve. Asimesmo comprobaron o resultado doutras actuacións no exterior do centro docente realizadas en colaboración coa ANPA.