Este é o programa do ‘Entroido do Porriño 2017’

O programa definitivo do ‘Entroido 2017’, ven de pendurarse na Praza de Antonio Palacios e nos milleiros de cartaces impresos, que levan un Código QR para poder acceder ao mesmo dende o teléfono móbil.

As actividades, que este ano estarán precedidas dunha completa axenda cultural, que deu comezo a principios deste mes, arrancarán coa apertura da exposición fotográfica ‘O Entroido no Porriño’ o venres, 24 de febreiro, ás 8 da tarde, no Centro Cultural Municipal.

O Sábado de Entroido, día 25, empezará coa Animación na Rúa, ás 12 da mañá na Praza Antonio Palacios, para dar paso ao Pregón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, ás 12 e media. De seguido, ás 2 da tarde, na mesma praza, o Xantar do Entroido; ás 4 da tarde o 74º ‘Xogo da Ola’, na rúa do mesmo nome; ás 4 e media volva á Animación na rúa, entes do Grande Desfile de Comparsas, ás 5, e ás 8 da tarde dará comezo a ‘Grande Festa Rachada’ polas rúas da vila.

O Domingo de Entroido, día 26, Festa Infantil, ás 5 da tarde, no Centro Recreativo e Cultural; o luns, día 27, será o Baile de Disfraces, coa Orquestra Dúo Amanecer, ás 5 da tarde no Centro Socio-comunitario do Porriño. O martes, día 28, ás 12 e ás 5 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, Animación de Rúa e ás 6 o Grande Desfile de Comparsas, dende San Sebastián.

A programación rematará o Mércores de Cinza, día 1 de marzo co ‘Velorio da Sardiña’, ás 5 da tarde no Círculo Recreativo e Cultural; o Enterro da Sardiña, ás 7 da tarde, dende o Círculo Recreativo e Cultural, rúa Domingo Bueno, San Sebastián e Praza de Antonio Palacios e, finalmente, a ‘Lectura das Derradeiras Vontades’ na Ponte do Valo.

Aprendizaxe da Linguaxe Canina co can ‘Choupa’

Nenos e nenas de 2º de primaria dos colexios do Porriño participan dende esta semana nun obradoiro de Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo xira ao redor do can ‘Choupa’ que, coa dirección dunha especialista amosa ás rapazas e rapaces menores de 14 anos cómo achegarse aos cans, recoñecer o intre no que é posible acariñalo, coma actuar diante del, que deben facer cando se atopan de fronte cun can ou que teñen que facer cando os tira ao chan.

As cativas e cativos aprenden a distinguir entre un can enfadado, asustado ou ledo, que facer antes de tocarlle ou cales son os sinais que deben atopar para lograr que estea tranquilo.

O obradoiro, que ten coma obxectivo evitar que o can os trabe, te unha duración de 45 minutos en el participan, a un tempo, un máximo de 20 alumnas e alumnos dos centros porriñeses de ensino infantil e de primaria.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Júan Canalejo de A Coruña, o 75% das trabadas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.

Rreformas do inmoble do Centro Cultura A Forna

A alcaldesa estudará cómo iniciar as reformas do inmoble do Centro Cultura A Forna, de Budiño, a humanización do seu exterior e a posibilidade de que teña unha conexión a Internet “rápida e segura”

A alcaldesa mantivo unha xuntanza cos integrantes da nova xunta directiva do Centro Cultural A Forna, de Budiño, para coñecer, polo miúdo, os problemas que afrontan os novos representantes da mesma.

Eva García de la Torre sinalou que estudará o xeito de que o Concello contribúa a sufragar as reformas que precisa o inmoble no que está o Centro Cultural, de modo que as mesmas se poidan acometer en varias treitos.

Asimesmo, indicou que os orzamentos municipais recollen unha partida para que a Concellería de Vías e Obras, dirixida polo tenente de alcalde, Manuel Carrera, poida iniciar os traballos de mellora e urbanización do exterior do Centro, no que se organiza a Festa de San Blas, e que como indicaron os novos directivos precisa xa que se fagan traballos de recuperación e adecentamento.

García de la Torre informou, ademais, dos contactos que mantén con Telefónica para que os centros culturais e asociacións veciñais, dispoñan de wi-fi gratis que “permita unha conexión a Internet rápida e segura” como “medio imprescindible de dinamización social e cultural e un servizo ás veciñas e veciños, en xeral, e aos máis novos, en particular”.

Do mesmo xeito, a alcaldesa amosou a súa intención de artellar un medio que permita que o material informático que xa non se empregue no Concello se ceda ás asociacións do Porriño, “por suposto, garantindo o seu bo funcionamento”, para aproveitar o mesmo e, ao tempo, evitar gastos a estas entidades.

‘Visións’, no Cineclube do Porriño

Este domingo, 12 de febreiro ás 7 da tarde, o cineclube do Porriño acolle a proxección da película colaborativa “Visións”, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra “Cinema e Muller” que ten por obxectivo visibilizar ás creadoras do audiovisual da provincia, fomentando unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

“Visións” trátase dunha película na que participan activamente dez mulleres cineastas da provincia de Pontevedra aportando dez olladas onde cinema e arte se funden nunha produción íntima e poliédrica centrada en cuestións relacionadas co xénero. Así, a película aborda dende a intimidade da creación e a construción da corporeidade da natureza, ata berros, o corpo feminino, o día a día dunha creadora audiovisual, a dificultade de conciliar así como a relación entre a casa e a muller ou entre xeracións de mulleres dunha mesma familia.

Nesta película colaborativa, promovida pola institución provincial, participan Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla. “Visións”, realizada en dous meses, inclúe dez minicurtas nas que as directoras fixeron tamén de cámaras e de montadoras, realizando a película de principio a fin, coas súas propias mans, cun axustado orzamento como exemplo do cinema que practican.

O proxecto de “Cinema e Muller”, que impulsou a posta en marcha da película “Visións”, trátase dunha aposta por darlle visibilidade ao traballo das máis de setenta mulleres que se dedican ao mundo audiovisual da provincia de Pontevedra, ben como cineastas, ben como editoras, produtoras ou guionistas.

O Goberno Local asina un convenio cun “importante grupo inversor”

O Goberno Local asina un convenio cun “importante grupo inversor” que suporá a creación dunha grande área comercial e a transformación da rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans

O Goberno local do Porriño ven de dar un importante paso para confirmar as expectativas dun ambicioso plan que abrangue a rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans.

Este xoves, a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, subscribiron un convenio entre un “importante grupo inversor” e o Concello que ten coma obxectivo, como salientou Marcelino Coto, “acometer unha reforma integral” nesta parte da vila.

O concelleiro sinala a relevancia desta decisión, “xustificada polo interese público”, que suporá a eliminación do tráfico pesado do casco urbano e a “humanización de Antonio Palacios, con novas beirarrúas, alumeado, ou faixas verdes e de esparexemento, que fará posible que esta rúa pase a ser unha grande avenida”.

Coto lembra que en neste entorno están o Colexio Hermanos Quiroga, o IES Pino Manso, o CEIP Fernández López, unha gardería da Galiña Azul, o Pavillón e a Piscina Municipal, e que a reforma significará unha “mellora substancial na seguridade e na calidade de vida” das veciñas e veciños da contorna, en particular, e de todas as porriñesas e porriñeses, en conxunto.

O convenio abrangue, ademais, a radicación nunhas parcelas que conforman unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados no que se abrirá unha grande área comercial e de lecer, con novos espazos dotacionais que, subliña Marcelino Coto, “creará numerosos postos de traballo, tanto directos coma indirectos”.

Logo da sinatura do convenio, o seguinte paso é promover unha reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana que, remata Coto, está en xa en marcha.

Todo listo para o ‘Entroido 2017’

O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do ‘Entroido 2017’.

A saída do mesmo será o pregón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, o sábado día 25, ás 12 e media, na Praza Antonio Palacios; dende se intre empezan seis días de actividades e propostas que abranguen o 74º Xogo de Ola, a Gran Festa do Entroido, o domingo, a Festa Infantil, o Bailes de disfraces- o luns, día 27, comparsas, e o Velorio, o Enterro e a lectura das derradeiras Vontades da Sardiña, o mércores 1 de marzo, dende as 5 da tarde.

O Entroido estará presente en todo O Porriño, e deixarase ver, especialmente, na Gran Festa rachada, o sábado, día 25, desde as 8 da tarde nas rúas da vila; o luns, día 27, co Grande Baile de Disfraces,dende as 5 da tarde, no Centro Socio-comunitario do Porriño; o martes, 28, no Grande Desfile de Comparsas, dende a rúa Antonio Palacios, a partires das 6 e media da tarde e, o último día da celebración co Pasamento da Sardiña.

Apúntate á programación do punto SmartPeme do Porriño

Lembramos que o punto SmartPeme do Porriño, desenvolve durante o mes de febreiro diferentes actividades, de balde, na súa sede do Multicentro de Torneiros. As mesmas empezaron o pasado día 2 e continúan ata o día 22, a partires das 7 da tarde.

Este martes, día 7 tratouse de, ‘Redes sociais para a empresa: ¿é Twitter a túa solución?’; o martes 14, ‘Elixe a túa plataforma de comercio electrónico’; o venres, día 17, ‘Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mails’ e o mércores día 22, Comercio electrónico para PEMES (Prestashop)

Para asistir ós eventos e preciso reservar praza, indicando evento ó que están interesados en asistir. Para isto, os interesados teñen á súa disposición varias canles, por medio do teléfono 886 20 20 20, por Email ao enderezo: oporrino.smartpeme@depo.es ou entrando no portal webwww.smartpeme.depo.es.

Corte de auga aos polígonos industriais do Porriño

O Consorcio de Augas do Louro corta o subministro de auga aos polígonos industriais do Porriño, este domingo, día 5 de febreiro, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde

Dende as 8 da mañá deste domingo, 5 de febreiro, por mor dunha aviría, é necesario cortar o subministro de para poder acometer a súa reparación. A mesma está na tubaxe de máis de medio metro de diámetro que leva auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Os Valos, ata o depósito de A Risca- non na que abastece á poboación- o que fai necesario cortar a auga de entrada ao depósito.

Coma medida preventiva, so se deterá o abastecemento aos polígonos industriais durante a execución dos traballos de reparación coa finalidade de contar cunha marxe de tempo dabondo para que a auga almacenada no depósito garanta o abastecemento aos veciños de O Porriño.

Por todo elo, o servizo ás casas non se verá afectado. Dacordo co previsto, o depósito volverá a funcionar normalmente ás 5 da tarde deste mesmo domingo.

Obradoiros de ‘Aprendizaxe da linguaxe dos cans’

A Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsa a realización dun obradoiro, nos colexios do Porriño, dirixido a nenos e nenas de 2º de primaria, para a Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo está enfocado a evitar as mordeduras.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Juan Canalejo de A Coruña, o 75% das mordidas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Porén, os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.

Para realizar este actividade contarase cun can, ‘Choupas’. A mesma está dirixida a un máximo de 20 asistentes en cada sesión, que terá unha duración duns 45 minutos e na que se explicarán aos rapaces os sinais comunicativos dos cans.

A finalidade é a de saber como achegarse a un can, aprender en que momento non debemos acariñalo, que parte de noso corpo non debemos achegarlle, que facer cando nos atopamos cun can que ven cara a nós, que facer cando nos tira ao chan, como non actuar diante del.

Para elo as rapazas e rapaces aprenderán a distinguir entre un can ou cadela asustada, leda ou enfadada, que teñen que facer antes de acariñala e que sinais deben buscar para tranquilizala, ou tranquilizalo.