A Alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais da nova corporación local do Porriño acordaron celebrar un pleno mensual que terá lugar o último mercores de mes. Se será de mañá ou de tarde queda a expensas de votarse polos grupos. PSOE, EU Son e UDDL queren que sexa matinal; o BNG prefire de tarde e no caso do PP tén que falarse entre os seus concelleiros segundo manifestou o voceiro deste grupo.
Outro dos acordos sobranceiros da reunión mantida pola alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais foi revitalizar as reunións da xunta de portavoces que se fixan cunha periodicidade bimestral para fixar criterios ante os temas de maior trascendencia para a cidade que requiran tamén do máximo consenso posible.
No que atinxe ás comisións municipais estarán formadas por 9 concelleiros co seguinte reparto: 4 do PP; 2 do PSOE, 1 BNG, 1 EU Son e 1 UDDL. As comisións reuniránse alomenos unha vez por mes e unha semana antes do pleno da Corporación.
O primeiro pleno da nova Corporación que terá que celebrarse en breve, na semana do 8 ó 12 de xullo, determinará a organización e reparto de áreas do novo goberno municipal cuia negociación está a piques de rematar.