Juan Rivera, subcampeón de Galicia en Kick Boxing modalidade K1, participará o sábado na instrucción ás mulleres que están a participar no curso permanente de defensa persoal feminina que patrocina o Concello do Porriño. Juan Rivera é de Mos e leva unha carreira deportiva exitosa que en breve propiciará o seu salto ó profesionalismo como dice o seu entrenador, Juan Alonso que tamén é outro dos monitores do curso de defensa persoal feminina.

Lembremos que o Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir coas clases de defensa persoal feminina despois do éxito acadado polo curso que se realizou no pasado mes de maio. A partir de agora con carácter permanente. Deste xeito O Porriño é o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que participan nesta acción formativa continua.
O curso comezou o pasado sábado 15 de xuño no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizase en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o sábado 29 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar na organización e instrucción das mulleres participantes.