Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do “Porriño Baloncesto Base”. Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.

No que atinxe ó Campus do “PBB” no que participan 236 nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, vén celebrandose durante esta semana no Polideportivo Municipal e concluirá mañá sábado. Pasaron nestes días, entre outros, Martín Iglesias ex-xogador do Porriño Baloncesto Base que actualmente milita no Barcelona. A participación deste e outros xogadores de nivel foi unha das novidades do mesmo xeito que Lucas Vaquero que asumiu a dirección do Campus, avalada pola súa experiencia como xogador e entrenador da Liga EBA en Porriño.

O Campus do Porriño Baloncesto Base concluirá o sábado a mediodía e á clausura asistirán Eva García, alcaldesa de O Porriño e David Alonso, concelleiro de Deportes.