A concelleira de Educación asistiu ó acto central do Día Europeo dos Minerais

Lourdes Moure, concelleira de Educación representou ó Concello no acto central do Día Europeo dos Minerais que se celebrou en Porriño, na canteira da firma “Blockdegal”. 

Un grupo de estudiantes do IES Ribeira do Louro participou nunha visita guíada pola canteira que é unha das máis grandes adicadas a extracción de granito “Rosa Porriño”e que se manten en funcionamento. 

O acto foi organizado polo Centro Tecnolóxico do Granito para afondar no coñecemento da actividade mineira, especialmente, a través da mocedade porriñesa. 

A concelleira dirixiu unhas palabras ós mozos e mozas que participaron na visita ás instalacións para que tomarán conciencia “da importancia que tivo e ten para O Porriño o sector da pedra e derivados que poden supoñer para algúns de vos unha futura saida profesional”, indicoulles Loures Moure. 

 

 

 

 

O mércores 25, pleno municipal ordinario da Corporación Local do Porriño

A sesión ordinaria correspondente a setembro celebrarase mañá mércores 25. Comezará ás 18 horas.

Salientar que ademáis da aprobación de actas de sesions anteriores e dación de conta de decretos da alcaldía, incluense 4 mocións e a comunicación da renuncia da concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG.

Asimesmo se tratará fora da orde do día unha proposta de acordo, como asunto urxente, que presentará o goberno municipal. Tratase de determinar os festivos locais para o ano 2020 que serán 11 de xullo, San Benito, e 28 de setembro,  Luns do Cristo.

 

Terá prezo único a 5 € PORRIÑO AGARDA DESPACHAR 25.000 RACIÓNS NA XXVI FESTAS DOS CALLOS

Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos a vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

Organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería. Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde e o devandito José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos. Hoxe tamén presentouse o cartel anunciador da Festa. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

E ademais habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuios detalles serán presentados mañá mércores en roda de prensa no consistorio, a partir das 10,30 horas.

FESTAS DO CRISTO 2019. URXENTE: CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DE VERBENAS PARA HOXE DOMINGO 22

O Concello de Porriño informa de dous cambios que atinxen a programación de verbenas e orquestras que actuarán esta noite de doming 22..

A programación queda do seguinte xeito:

Ás 22 horas, actuará a Orquestra CHARLESTONE, na Praza Central

As 24 horas, actuará a Orquestra AMÉRICA, na rúa Antonio Palacios.

Lembramos que toda a programación das Festas do Cristo 2019 pode consultarse na web do departamento de Cultura do Concello do Porriño

Programación cultural. Abril 2024

Festas do Cristo 2019: O risco de choiva obriga a cambios na programación do sábado 21

O concelleiro David Alonso, responsable da organización das Festas do Cristo 2019, ven de comunicar unha serie de decisións relativas a diferentes eventos ante as previsións de choiva e mal tempo para mañá.

De tal xeito que finalmente SE APRAZA o “PORRIÑO STREET FESTIVAL”. que se pasa para o vindeiro sábado 28.
Tratase dun novo evento consistente nun “campeonato” de diversos estilos de danza urbana, parkour e graffiti que está na praza do Concello.

APRAZASE tamén O XIV “DIRK TRACK” que ía celebrarse mañá no Velódromo Municipal e que se pasa asimesmo para o vindeiro sábado día 28.

TRASLADASE Á CARPA ROXY a representación de TEATRO INFANTIL “CRUNCH” (18,30 horas).
Tamén TRASLADASE Ó CIRCULO RECREATIVO CULTURAL o CONCERTO MUSICAL DA BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI (20,30 horas)

O espectáculo “DIVINA RAVE: CRISTO EDITION” de dj’s que está previsto ás 00,30 horas no Parque Infantil, pasaría á Carpa Roxy no caso de que continue a choiva.

Por último, lembramos que fora SUPENDIDO o ENCONTRO INTERNACIONAL DE AEROMODELISMO que ía celebrarse mañá sábado na pista de Pontellas do club Furaventos.

PLENO MUNICIPAL ORDINARIO DA CORPORACIÓN DE PORRIÑO PARA O VINDEIRO MÉRCORES 25

Hoxe a alcaldesa Eva García firmou a convocatoria do pleno ordinario de setembro que a Corporación Municipal celebrará o vindeiro mércores día 25, as 18 horas, do que adxuntamos a orde do día.

Salientar que ademáis da aprobación de actas de sesións anteriores e dación de conta de decretos da alcaldía, incluense 4 mocións e a comunicación da renuncia da concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG.
Asimesmo se tratará fora da orde do día unha proposta de acordo, como asunto urxente, que presentará o goberno municipal. Tratase de determinar os festivos locais para o ano 2020 que serán 11 de xullo, San Benito, e 28 de setembro, Luns do Cristo.

ADIF ANUNCIA Á ALCALDESA QUE LICITARÁ ANTES DE DECEMBRO A REDACCION DO PROXECTO PARA SUPRIMIR O PASO A NIVEL NO CENTRO DO PORRIÑO

O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño.
A solución técnica que se prantexa é mediante a depresión da rasante da vía férrea, segundo explicou María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos á alcaldesa. Por esa razón é que ADIF inclue na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.


Na reunión de traballo celebrada este mediodía en Madrid, a alcaldesa porriñesa estivo acompañada polos deputados pontevedreses Guillermo Meijón e Olga Alonso.
O Goberno Municipal de Porriño entende que unha vez estea estimado o custe da obra, “a financiación terá que ser compartida polas diferentes administración públicas mediante un futuro convenio que debería ser participado por Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello, para asumir de xeito conxunto a financiación ”, segundo manifestou Eva García ó termo da reunión.
“O custe da obra é un dato que terá que determinar o proxecto constructivo que vai licitar o ADIF”, suliñou a alcaldesa do Porriño. Eva García manifestou sentirse “moi contenta de comprobar que por fin hai avances concretos para ver que chegará a materializarse a aspiración de todos os porriñeses”, declarou.
A reunión de hoxe foi continuidade das xestions realizadas hai un ano pola alcaldesa coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera. Naquela reunión, de data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese ano.


O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.

O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez

O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez

“Os cartos das multas de tráfico impostas pola Policía Local revirten para financiar o curso de conducción segura que hoxe anunciamos” manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade de Porriño durante a roda de prensa na que se presentaron os detalles desta iniciativa que promove o Concello, de xeito gratuito. Haberá prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses, para participar neste curso titulado “Conduce con xeito”.

Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local manifestou que esta iniciativa “danos a oportunidade de traballar con perto de 250 persoas, todo un luxo, que poidamos chegar a eles para reforzar os coñecementos teóricos e sobre todo prácticos para solventar incidencias que poidan acontecerles”, manifestou.

A Concellería de Seguridade organiza o curso a través da Policía Local do Porriño e será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán figuran Ivan Ares, campeón de España de Rallys; José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017; e outro dos pilotos da Federación Galega de Automobilismo que asistirá como monitor será o porriñés David Gónzalez Couceiro.

No nome dos pilotos, Ivan Ares dixou que “está moi ben que nos poidamos ensinar ós participantes neste curso de conducción segura para evitar accidentes e axudar á mellora da seguridade”.

As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir deste xoves 19. Haberá que rechear os formularios que publicamos a través da páxina web e tamén no Facebook do Concello do Porriño e presentarllos nas oficiñas da Policía Local.