Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos a vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

Organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería. Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde e o devandito José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos. Hoxe tamén presentouse o cartel anunciador da Festa. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

E ademais habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuios detalles serán presentados mañá mércores en roda de prensa no consistorio, a partir das 10,30 horas.