O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez

“Os cartos das multas de tráfico impostas pola Policía Local revirten para financiar o curso de conducción segura que hoxe anunciamos” manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade de Porriño durante a roda de prensa na que se presentaron os detalles desta iniciativa que promove o Concello, de xeito gratuito. Haberá prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses, para participar neste curso titulado “Conduce con xeito”.

Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local manifestou que esta iniciativa “danos a oportunidade de traballar con perto de 250 persoas, todo un luxo, que poidamos chegar a eles para reforzar os coñecementos teóricos e sobre todo prácticos para solventar incidencias que poidan acontecerles”, manifestou.

A Concellería de Seguridade organiza o curso a través da Policía Local do Porriño e será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán figuran Ivan Ares, campeón de España de Rallys; José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017; e outro dos pilotos da Federación Galega de Automobilismo que asistirá como monitor será o porriñés David Gónzalez Couceiro.

No nome dos pilotos, Ivan Ares dixou que “está moi ben que nos poidamos ensinar ós participantes neste curso de conducción segura para evitar accidentes e axudar á mellora da seguridade”.

As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir deste xoves 19. Haberá que rechear os formularios que publicamos a través da páxina web e tamén no Facebook do Concello do Porriño e presentarllos nas oficiñas da Policía Local.