O Camiño Portugués foi un dos grandes descoñecidos nas distintas variantes do Camiño a Santiago. Supostamente iniciado por Santa Isabel de Portugal, esposa de Don Dinís no 1325, hoxe en día é unha das mellores alternativas para a realización da peregrinaxe a Santiago de Compostela.

Como parte do apoio sostido aos peregrinos que fan o Camiño de Santiago, O Porriño dispón dun albergue de uso exclusivo para camiñantes con credencial de peregrinaxe.

O albergue de O Porriño é de titularidade da Xunta de Galicia, quen fai a explotación e mantemento do mesmo.

Se es peregrino e estás pensando en facer o Camiño Portugués, non dubides en incorporar o albergue de Porriño na súa planificación de viaxe. Aínda que o albergue non admite reservas, pódese contactar para recibir información sobre a ocupación o calquera necesidade loxística para encarar a ruta en:

Teléfono: 986 335 428

E-mail: albergue@oporrino.org

Dirección: Av. de Buenos Aires, s/n


Datos básicos

Exclusivo para os peregrinos: 

Admite reserva: Non

Dispoñibilidade (meses inclusives): Todo o ano

Hora de apertura: 15:00

Hora de peche: 22:00


Prezos y prazas

Dormitorio compartido: 6 €

Número de dormitorios: 2

Prazas en dormitorios compartidos: 52


Servizos e equipamiento

Cociña sen utensilios

Resgardo para bicicletas