O luns 10 abrirase a inscripción para o Campamento de Verán 2019

A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño informa que un ano máis organízase o Campamento de Verán 2019, cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, como medida de conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
Esta actividade vai dirixida a tod@s rapaces e rapazas nados entre os anos 2007-2014 ambos inclusive.

A folla de inscripción poderá descargarse desde a páxina web do Concello (Folla de inscripción) que xunto a documentación requerida deberá presentarse no rexistro municipal. A admisión será por orde de presentación de solicitudes.
O prazo de inscripción abrirase o luns 10 de xuño e pecharase o xoves 20 ual mes. As solicitudes presentadas antes ou despois dos días sinalados carecerán de validez.
Para calquera dúbida pódese contactar co CIM do Concello do Porriño, sito no 3º andar da casa consistorial ou chamando ao 986337429.

Proxección de curtametraxes do Proxecto “Xénero Historias”

O venres 7 de xuño, no Círculo Recreativo e Cultural realizaráse a proxección das curtametraxes participantes no “Proxecto “Xénero Historias”. Tratase de traballos audiovisuais protagonizados polo alumnado de Secundaria dos diferentes centros escolares do Porriño que participaron nesta iniciativa formativa contra a violencia de xénero. Fora organizada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño.
A proxección das curtas comezará a partir das 19,30 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Charla sobre “Empatía e boa comunicación”

O venres 31, ás 19,30 horas, no Centro Cultural Municipal, dous especialistas en comunicación invitados polo Concello de Porriño ofrecerán unha charla titulada “A importancia da empatía e boa comunicación”. .
Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais ponderou “a enorme valía dos dous poñentes” que protagonizarán esa charla “por tratarse de profesionais con ampla experiencia”.
Tratase de Belén Varela, licenciada en dereito, experta en organización e persoas, impulsora do “Movemento FET (Felicidade no Traballo); e Javier Cebreiros Fernández, doctor en comunicación, socio de “Hub Vigo”, colaborador en diversos medios de comunicación e autor do libro “Olvida tu lenguaje corporal”.
“Encargaranse de facilitar as ferramentas necesarias para a xestión de emocións, para o desenvolvemento de habilidades sociais e mellora do proceso de comunicación”, segundo explicou a concelleira.
Esta charla é aberta ó público.

Conclue o curso de defensa persoal feminina que podería ter continuidade moi cedo

A alcaldesa Eva García de la Torre asegurou que “o Concello de Porriño subvencionará un segundo curso de defensa persoal feminina” como continuidade do que rematará mañan sábado 25. 
A idea de continuar con máis clases xurdeu dalgunhas das participantes de Porriño que prantexaron esa idea ó Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez. Rápidamente acadaron que ó redor de 60 mulleres se sumaran á súa iniciativa. A proposta chegou á alcaldesa que lles manifestou que o Concello subvencionaría o custe de seguir con dúas clases mensuais que se manterán os sábados. 
Por outra banda, mañan terá lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de defensa persoal e protección xurídica ás 130 mulleres participantes, no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño

“CORTO E CAMBIO”: presentamos as dez pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses para alertar contra o consumo de drogas, alcol e tabaco.

Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa “Corto e cambio”. As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.

1. Ribeira do Louro / 4º C
O menudeo de droga leva consigo moita violencia e abuso de poder. Aquí vai unha mostra.

2. Pino Manso / 1º FP
Esta é unha historia do cotián, de como as drogas poden afectarnos no noso día a día.

3. Pino Manso / 4º AC G2
Hai moitas presións externas e de grupo á hora de consumir drogas. Esta curta mostra precisamente iso.

4. Ribeira do Louro / 4º B G1
Esta peza ensina esa espiral da droga que afunde a moita xente, pero cun toque diferente… Ata aquí podemos ler.

5. Pino Manso / 2º FP
Seguro que algún de vós séntese identificado con un ou varios dos efectos recreados polos compañeiros…

6. Pino Manso / 4º AC G3
Velaquí unha historia de rehabilitación, que nos mostra que non importa o noso pasado se temos forza para mudar as cousas.

7. Pino Manso / 4º AC G1
Esta é, probablemente, a curta máis experimental de todas… mostrando dun xeito único como o consumo de drogas consume ás persoas.

8. Ribeira do Louro / 4º A
Se o habitual é contar historias dende o punto de vista do consumidor, aquí temos unha dende o punto de vista do camello e da súa responsabilidade nas vidas da xente que consume.

9. Pino Manso / 4º B
Se antes falábamos da rehabilitación, aquí pasamos á destrución… hai veces que a droga pode rematar con absolutamente todo.

10. Ribeira do Louro / 4º B
Para rematar a peza audiovisual máis poética de todas. Dende logo, unha curta para reflexionar.

INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Lourdes Moure, concelleira de Educación; Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García na súa intervención.
A alcaldesa de Porriño valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, atraso e pobreza”.
Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación, sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte”. E salientou a capacidade desa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía a realidade da nosa terra”.

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Hoxe coincidindo coa inauguración, unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participaron da primeira visita guíada á mostra. En vindeiros días conmtinuarán outros centros educativos de Porriño.
Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador. Titulada “Método para carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”, sacouse por Ruth Matilda Anderson o 12 de septembro de 1924 e serve ademáis como imaxe do programa de mán da exposición.

IMG

Dous ciberexpertos alertan dos riscos na Rede durante o curso sobre “Violencia de Xénero Dixital”

Javier Soria Pastor, considerado un dos “gurús” da seguridade informática en España, ponente en numerosos congresos, participou esta mañán na segunda xornada do curso sobre “Violencia de Xénero Dixital” promovido polo Concello de Porriño que se desenrola no centro Cultural Municipal. Inscribironse 25 persoas entre axentes de Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que interveñen na investigación destes feitos e na atención das víctimas.

Soria, que traballa como enxeñeiro informático para a empresa “Telefónica”, está a falar da seguridade dos teléfonos móbiles. Na súa exposición recalcou unha idea que repite tanto en conferencias coma nas entrevistas que lle fan: “a sociedade é cada vez máis vulnerable ós ciberataques a través da Rede. Hoxe en día pódese hackear ata unha neveira ou unha lavadora”.

Na sesión vespertina Santiago Martínez Pardo, Oficial da Policía Local de Vigo, experto en ciberdelincuencia falou das evidencias dixitais no proceso penal, polo tanto da laboura da investigación policial nas redes para atopar pegadas das actuacións de ciberdelincuencia e do papel do perito xudicial informático á hora de informar ó xuiz.

Policías, gardas civís e outros profesionais participan no curso sobre Violencia de Xénero no ámbito tecnolóxico que comezou hoxe en Porriño

Vintecinco profesionais entre gardas civís, policías nacionais e locais así como outros axentes que interveñen na atención ás víctimas inscribironse noutro dos cursos que promove o Concello de Porriño con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local de Porriño inaugurou este serán o curso denominado “Violencia de Xénero: ámbito xurídico e tecnolóxico forense”. Adícase ó persoal dos Corpos e Forzas de Seguridade e profesionais que interveñen na atención e investigación desta casuística. O Inspector Xefe disculpou as ausencias tanto da alcaldesa coma da concelleira de Seguridade, xustificadas pola coincidencia horaria co pleno municipal extraordinario que celebraba esta tarde a corporación local de Porriño.
A primeira ponencia correu a cargo de Encarni Igrexas Pereira, presidenta de “Stop Violencia de Xénero Dixital” que informou sobre os tipos de violencia de xéneros que se atopan nas redes sociais e a través das tecnoloxías da comunicación.
Segundo explicou a persecución e castigo deste tipo de delitos “tropeza con dous inconvientes: a falta de preparación do persoal policial que tén que investigarlos e a diferenza de criterio dos xuices á hora de procesar ou non.
Encarni Igrexas engadiu que os formatos más habituais que se están a dar hoxe en día para a violencia de xénero dixital son o ciberacoso e o sexting ou sextorsión. “Dánse nas redes sociais coma Facebook, Snapchat ou Whatsapp de xeito masivo e a diario”, dixo.
No curso participarán nos vindeiros días dende responsables policiais ata profesionais do mundo de Dereito. Entre os relatores están anunciados Santiago Martínez, Oficial da Policía Local de Vigo; José Manuel Alonso Regueiro, xefe da Unidad de Atención á Familia e á Muller (UFAM) da Comisaría de Vigo, a maxistrada Belén Rubido, xuiza decana de Pontevedra e titular do Xulgado Penal nº 4 e Juan Sagredo, fiscal coordinador da área de Vigo.

COMEZARON AS CLASES DO CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA E PROTECCIÓN XURÍDICA

Con 138 mulleres inscritas das que finalmente participaron hoxe 127, arrancaron as clases do curso de defensa personal feminina e protección xurídica. Trátase dunha actividade formativa promovida polo Concello de Porriño, subvencionada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e organizada pola Policía Local.


Lourdes Moure, concelleira de Seguridade e Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local asisitiron ás 9 horas desta mañán o inicio das actividades prácticas e teóricas que se desenrolan na pista 1 do Pavillón Municipal. As clases intercalanse coas mulleres divididas en grupos entre prácticas cos monitores e a teoría xurídica sobre lexítima defensa e uso proporcional da forza que imparte o magistrado Juan José Trashorras.

Arranca o curso de Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica no Pavillón Municipal

Lembramos que mañán sábado día 4 de maio arrancará o curso de Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica que promove o Concello de Porriño, organizado a través da Xefatura da Policía Local.
As clases serán de catro horas diarias. Mañán comezarán ás 9 h. na pista 1 do pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Lourdes Moure, concelleira de Seguridade e Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local asistirán á apertura das clases.
Por certo, a inscripción non cesou de medrar. Ata este serán chegaba á 132 mulleres, segundo informaron os organizadores.
Para que as sesions sexan máis levadeiras intercalaránse as clases prácticas en grupos de 18 mulleres con cada monitor de defensa persoal coa instrucción xurídica da que se encarga o maxistrado Juan José Trashorras.
O curso consta de catro xornadas e continuará nos restantes sábados de maio ata rematar o día 25.