Lévase á Comisión Municipal de Economía o pago de facturas pendentes a proveedores por 750.000 €

A Comisión Municipal de Economía e Fazenda informará mañán xoves (18,30 h.) o pago de facturas pendentes a pequenos e medianos proveedores do Concello por un importe global de 750.000 euros. Tratase de facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por mayoría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de novembro, e previa comprobación polos diferentes departamentos e servicios municipais, agora levaráse o recoñecemento extraxudicial ó vindeiro pleno ordinario que se celebrará o mércores 27 de novembro.
Os pagos que suman 750.000 euros son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.
Con carácter previo á comisión municipal de mañán celebrouse unha reunión informativa convocada polo gabinete da Alcaldía con todos os grupos municipais que asistiron agás o Partido Popular cuio voceiro rexeitou a invitación.
Nesta mesma comisión municipal lévase de novo a adxudicación definitiva do contrato de limpeza viaria, soportado en novos informes técnicos.
Outras dúas comisións tamén convocaronse para mañán xoves. Ás 18 horas Comisión Especial de Contas para informar a aprobación da Conta Xeral do exercicio de 2018. E ás 19 horas Comisión de Servizos Sociais e Igualdade que informará duas mocións de Eu Son Porriño e do BNG.
A de EU SON relativa a inminente celebración do 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero que prantexa trece medidas para comprometer activamente ao Concello do Porriño contra a violencia de xénero.
Por outra banda, a moción do BNG alcumada “Vía Galega” refírese ó problema do baleirado poboacional na nosa comunidade. A moción que irá ó pleno da Corporación, en caso de aprobarse, instará ó Parlamento Galego a constitutir unha comisión que no prazo de 5 meses propoña as políticas necesarias para rematar con este drama social.

O CONCELLO DE PORRIÑO ALUMEADO EN AZUL POLO DIA DA INFANCIA

Este serán a casa consistorial do concello de O Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF. O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas. A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.


Hoxe celebranse trinta anos da Convención dos Dereitos do Neno. Por tal razón, Porriño declarada desde 2018 “Cidade Amiga da Infancia”, sumouse a efeméride, seguindo a chamada #GaliciaDeAzul lanzada pola UNICEF para conmemorar ese aniversario.
Por outra banda, o vindeiro venres 22, Porriño enviará unha delegación integrada polos alumnos elixidos para representar á infancia local no VII Foro de Participación Infantil de Galicia. O evento terá lugar a partir das 12 horas no Parlamento de Galicia.
No pleno infantil celebrado no Porriño o pasado venres 15 determinouse a composición da delegación que estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e acudirá tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.
O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.

Primeira reunión de traballo do equipo de goberno coaligado “moi constructiva”, segundo a alcaldesa

A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Esta primeira reunión foi valorada pola alcaldesa Eva García como “fluída e moi constructiva”.
A alcaldesa detallou que “puxemos en antecedentes ós novos compañeiros de goberno sobre as actuacións en marcha, especialmente nos asuntos que van ser competencia deles para que vexan como están como por exemplo os actos para o 25N Día contra a Violencia de Xénero así como os preparativos para Festas de Nadal”.
Estas reunións de traballo do equipo de goberno coaligado vanse celebrar semanalmente para establecer liñas de actuación conxuntas, segundo acordaron.


Pedro Pereira e Cami Moreira incorporaronse desde onte xa de xeito efectivo ó goberno municipal.
Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira é o primeiro tenente de alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista ocupa a segunda tenencia de alcaldía.
Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.
Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

A concelleira de Igualdade presentou a actividade formativa contra as violencias sexuais

Cami Moreira, a nova concelleira de Igualdade fixo a súa estrea nun acto público como membro do goberno municipal, presidindo a actividade formativa de prevención contra as violencias sexuais para estudantes de O Porriño. O acto celebrouse no Círculo Recreativo e Cultural.
Trátase dunha actividade concertada cos centros de ESO “Hermanos Quiroga”, “Ribeira do Louro”, “Pino Manso” e “Santo Tomás” promovida polo Concello de O Porriño a través da Concellería de Igualdade.


A nova concelleira de Igualdade agradeceu ós estudantes que participaron a súa asistencia e pediu ós mozos e mozas que “presten atención ós machismos e micromachismos que aparecen na sociedade de forma soterrada”. Cami Moreira insistiu ás chicas que “decir “non” é “non” e non debe incomodarlles” e que “reflexionen como queren establecer as súas relacións persoais”, manifestou a edil nacionalista do goberno municipal.
A sesión denominábase “Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual”. Prantexou o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.
O dúo “Towanda Rebels” que forman as actrices Teresa Lozano e Zua Méndez protagonizou a sesión formativa.

Os dous concelleiros do BNG incorporarse ó goberno municipal

Pedro Pereira e Cami Moreira incorporanse esta semana de xeito efectivo ó goberno municipal de Porriño. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde de xeito que Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.

Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.

Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

Mañán martes a alcaldesa Eva García presidirá unha primeira reunión de traballo cos tres concelleiros do PSOE e os dous do BNG.

Con antelación e para completar a distribución de competencias no goberno, aprobouse definitivamente a modificación da base 27ª do Orzamento Municipal en vigor para establecer as retribucións dos membros do gabinete, trámite que quedou comprimentado coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) do pasado venres 15.  

O Concello promove una acción formativa contra as violencias sexuais destinada ós estudantes de ESO

Este martes 19 de novembro terá lugar unha actividade concertada cos centros de ESO de O Porriño para a prevención das violencias sexuais. Será a partir das 10:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural.
Trátase dunha actividade organizada pola Concellería de Igualdade do Concello. A sesión denominase “Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual”. Prantexa o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.
A sesión será protagonizada polo dúo “Towanda Rebels” que forman as actrices Teresa Lozano e Zua Méndez.

O GOBERNO MUNICIPAL ACADA DESBLOQUEAR O PAGO DE FACTURAS

O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.
Os acordos económicos foron o aspecto máis sobranceiro do pleno municipal ordinario de outubro que se celebrou onte anoite cunha duración de tres horas e media e vinte asuntos na orde do día.
A tal fin aprobaronse dous créditos extraordinarios para ir pagando 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para abonar 473.000 euros de facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.
Ademáis aprobouse outro crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.
Mediante os acordos plenarios aprobados na sesión de onte anoite, serán pagadas asimismo unha primeira remesa de facturas incluídas na conta “413”. Abonaránse 389.000 € polos traballos de descontaminación do lindano; 202.000 € a “Naturgy” por suministros eléctricos; 119.000 € a “Eulen” por traballos na piscina municipal e 10.800 € ó Consorcio de Augas do Louro.
A cantidade restante ata completar a partida de 1.738.000 euros quedou pendente de completar os informes para ser levada en breve a un pleno extraordinario que se celebrará no vindeiro mes de novembro segundo anunciou Eva García, alcaldesa de O Porriño.

No transcurso do pleno aprobouse por unanimidade, de xeito definitivo, a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño feito que agradeceron funcionarios municipais presentes no salón de plenos cun aplauso ós corporativos.

Tamén aprobaronse por unanimidade a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF); os costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño e a partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos do Concello). Precisamente nesta sesión tomou posesión do seu escano e estreouse a nova concelleira do BNG, Cami Moreira.

Polo contrario quedou pendente a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan” que será levada a un próximo pleno municipal.

Noutra orde de cousas acordouse nomear ós representantes do Concello de O Porriño para a Comisión Especial de deslinde co Concello de Mos. Finalmente a proposta da alcaldesa e coa conformidade dos restantes grupos municipais, o PP integrará unha concelleira, Antía Carrera á devandita comisión. Os restantes representantes serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), todos eles ratificados polo pleno corporativo.

Entre as mocións debatidas aprobouse por maioría a proposta por EU Son para revisar o contrato de renting para renovación do parque móbil municipal ainda que o asunto quedou supeditado a comparecencia da concelleira de Seguridade nun vindeiro pleno extraordinario que se vai celebraro o mércores 6 de novembro. Tamén por maioría acordouse implementar unha achega extraordinaria ó Porriño Baloncesto Base así como ós clubs de futbol de Mosende e Budiño e á asociación de enfermos de silicose.
E por unanimidade a corporación porriñesa acordou solicitar á Consellería de Educación a reforma integral ou ben a construcción dun novo edificio para o CEIP Fernández López que xa ten 40 anos de antiguidade.

O Goberno Municipal nega calquera tipo de trato de favor con membros do Poder Xudicial

O Goberno Municipal do Porriño nega categóricamente a existencia de calquera tipo de trato de favor con maxistrados, fiscais ou outros membros do Poder Xudicial que están a ser contratados para colaborar en actividades formativas deste Concello.
O Goberno Municipal considera especialmente grave a insinuación que se desliza na información publicada onte polo xornal “La Voz de Galicia” baixo o titular “El Concello de O Porriño contrata a dedo al juez que absolvió de falsedad a la alcaldesa en el 2018”.

Tanto a participación do maxistrado Juan José Trashorras como as de outros profesionais da xudicatura que colaboran en actividades formativas deste Concello se realizan mediante convenios de colaboración coa Academia Galega de Seguridade e mediante contrato menor tal como establece a normativa vixente.
Para establecer dita colaboración é o Inspector Xefe da Policía Local de O Porriño, quen se encarga de xeito exclusivo de seleccionar o persoal docente de acreditada experiencia sobre a materia a impartir, xa sexan funcionarios policiais, funcionarios da carreira xudicial (tanto fiscais como xuices ou maxistrados), e sempre co visto bó do departamento de formación da Academia Galega de Seguridade. Ningún político ten contacto con estes profesionais contratados de xeito directo para a formación; é o técnico o que propón a contratación e conforme estipula a lei, a Alcaldía firma os contratos menores.

No devandito caso do maxitsrado Juan José Trashorras, impartiu un curso teórico sobre a lexítima defensa a máis dun cento de mulleres. O curso “Defensa Persoal e Protección Xurídica” que realizóu o Concello do Porriño tivo unha elevadísima repercusión mediática así como nas redes sociais. Non se agochou senón que se suliñou a participación do devandito maxistrado que apareceu en numerosas imaxes impartindo clases sobre o uso proporcional da forza, medo insuperable e outros eidos xurídicos da lexítima defensa. Foron as mulleres participantes naquel curso as que avaliaron na enquisa de satisfacción o bó facer e a capacidade de comunicación do maxistrado. Debido a esa boa valoración, tanto das asistentes ó curso, como dos propios policías locais que estiveron alí presentes, propuxose ó maxistrado para impartir un novo cursiño ós membros da Policía Local do Porriño.

Tanto o Goberno Municipal como desde a Xefatura da Policía Local expresamos o noso malestar polo feito de que se pretenda suxerir e dubidar da imparcialidade dun funcionario público como é un Maxistrado por que exerza una actividade docente para a que non existe ningún impedimento legal nin tampouco ético. Atacase á independencia do Poder Xudicial e de paso socavase o dereito á presunción de inocencia, neste caso de Eva García, alcaldesa de O Porriño por un asunto ainda pendente de xuizo.

Porriño amosou a súa repulsa polo triple crime machista de Valga

A alcaldesa, membros do goberno local, voceiros e concelleiros dos grupos políticos da Corporación, funcionarios municipais e veciñas e veciños do Porriño participaron este mediodía na concentración de repulsa convocada polo triple crime machista acaecido onte en Valga.
Gardouse un minuto de silencio por Sandra, Alba e Elena as tres vítimas. O termo do minuto de silencio os presentes prorrumpiron nun aplauso.

Concello do Porriño convoca concentración de repulsa polo triple crime machista de Valga

O Concello do Porriño convoca mañá martes día 17, ás 12 horas, unha concentración de repulsa polo triple crime machista ocurrido hoxe en Valga. O Concello invita a cantas persoas desexen sumarse a esta mostra de repudia contra a violencia de xénero.
Os asistentes gardarán uns minutos de silencio por Sandra, Alba e Elena, as tres víctimas deste novo feminicidio.
A alcaldesa, membros do goberno local, voceiros e concelleiros dos restantes grupos municipais da corporación de Porriño asistirán á concentración que terá lugar diante do consistorio,na praza Arquitecto Antonio Palacios.