Na programación do Concello do Porriño co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, datouse para este venres 6, a partir das 20 horas, a presentación de “Sementamos Igualdade”, un manual práctico de bos usos para detectar o machismo e saber cómo actuar contra él.
Este manual distribuese nos centros educativos e nos comercios da vila, por iniciativa da Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira.

Tratase dunha publicación coordinada por Llerena Perozo Porteiro, plantexada como unha guía útil para todas as idades. “Con este manual pretendemos facer chegar ao maior número posible de persoas a información básica para empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como o coñecemento preciso para ser quén de recoñecer e distinguir o machismo e saber actuar ante él”, segundo explica a autora.

A guía, de 60 páxinas, está dividida en dous bloques: un primeiro adicado á igualdade como unha tarefa en común; e un segundo sobre a violencia de xénero: como se manifesta, pautas para a súa indetificación e como actuar fronte dela.

Na presentación do manual “Sementamos Igualdade, que se celebrará no Centro Cultural Municipal (20 horas), con entrada libre e de balde ata completar aforo, estarán presentes a Concelleira de Igualdade, Cami Moreira e a autora da guía, Llerena Perozo Porteiro.