SmartPeme O Porriño organiza este xoves, día 15, as 7 da tarde, no Multicentro do Concello do Porriño en Torneiros, o taller “Woocommerce I – a solución para vender por internet”.
O mesmo está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online de xeito doado e, ao mesmo tempo, potente.
Baseado en Woocommerce, integrado no xestor de contidos de WordPress, este taller forma parte dun itinerario formativo de comercio electrónico que terá continuación co módulo II. Dado que o mesmo partirá de que os asistentes teñen certos coñecementos informáticos básicos, considérase que ten un nivel medio de dificultade.
Índice de contidos:
Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce
Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro.
Instalación de Woocommerce
Elixir un tema axeitado para a túa web
Métodos de pago e métodos de entrega
Engadir categorías e produtos.
Para asistir é preciso chamar ao número de teléfono 886 20 20 20 ou entrar no portal web SmartPeme – www.smartpeme.depo.es .

“Afortunadamente ninguén sufriu dano algún, aínda que sí quedou á vista a falla completa de mantemento deste centro e os danos ocasionados pola auga no teito de escaiola e en varias paredes, polo cal tomamos a decisión de pechar toda a terceira planta do colexio”, sinalou a alcaldesa.
García de la Torre, quen adiantou que “mañá mesmo”, acudirá ao centro a arquitecta municipal para estudar o estado desta planta, esixiu á Xunta de Galicia que “asuma as súas competencias e, cando menos, se faga cargo do mantemento dos colexios que é o seu traballo”.
A alcaldesa lamentou que o Goberno galego que non preste atención algunha aos centros educativos do Porriño, “non só considerando que é a súa obriga, senón á vista de que somos o concello que máis medra de toda Galicia”, un abandono que transcende a outros eidos, que tamén son competencia da Xunta, como é “o centro de saúde, que ademais de carecer do persoal que precisa, como veñen de denunciar os veciños en constantes manifestacións, tamén sofre un considerable deterioro pola falla de mantemento, como puxo de manifesto a caída de varias lousas da súa fachada hai poucos días”.