O Porriño vai celebrar este venres 6 (ás 13 horas) un pleno extraordinario da corporación local para acordar, entre outros asuntos, a adxudicación do servizo de limpeza viaria, despois dun longo procedemento. Asimesmo nesta sesión, a corporación acordará adheririse ao Programa Galego contra a Velutina e, finalmente, realizará o habitual sorteo para a composición das mesas electorais co gallo dos comicios autonómicos do vindeiro 5 de abril.

En relación co contrato de limpeza viaria, a proposta que vai a pleno da Corporación é a nova adxudicación do mesmo. Previamente unha mesa de contratación celebrada hoxe mércores, unha vez recibidos os informes solicitados ao Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia (TACGAL) e á consultora “Lagares e Oca”, decidiu retirar do concurso a “Ascan” que foi a primeira adxudicataria, así como á firma “Eulen” e polo tanto recalcular e propoñer en favor da segunda clasificada na licitación, a firma “Urbaser”.

No que atinxe ao Programa Galego de Vixiancia e Control da Vespa Velutina, o Concello do Porriño plantexa adherirse ao convenio suscrito pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
O Programa garante a retirada e destrucción dos niños de velutina coa colaboración do Concello. Serán retirados por persoal da empresa pública “SEAGA” sempre que estean a menos de 25 metros do chan en un prazo de 5 días laborais. O Concello de Porriño recibirá e canalizará as chamadas dos veciños que alerten da existencia de niños e comunicará a información á Xunta de Galicia.