O GOBERNO MUNICIPAL ACADA DESBLOQUEAR O PAGO DE FACTURAS

O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.
Os acordos económicos foron o aspecto máis sobranceiro do pleno municipal ordinario de outubro que se celebrou onte anoite cunha duración de tres horas e media e vinte asuntos na orde do día.
A tal fin aprobaronse dous créditos extraordinarios para ir pagando 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para abonar 473.000 euros de facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.
Ademáis aprobouse outro crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.
Mediante os acordos plenarios aprobados na sesión de onte anoite, serán pagadas asimismo unha primeira remesa de facturas incluídas na conta “413”. Abonaránse 389.000 € polos traballos de descontaminación do lindano; 202.000 € a “Naturgy” por suministros eléctricos; 119.000 € a “Eulen” por traballos na piscina municipal e 10.800 € ó Consorcio de Augas do Louro.
A cantidade restante ata completar a partida de 1.738.000 euros quedou pendente de completar os informes para ser levada en breve a un pleno extraordinario que se celebrará no vindeiro mes de novembro segundo anunciou Eva García, alcaldesa de O Porriño.

No transcurso do pleno aprobouse por unanimidade, de xeito definitivo, a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño feito que agradeceron funcionarios municipais presentes no salón de plenos cun aplauso ós corporativos.

Tamén aprobaronse por unanimidade a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF); os costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño e a partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos do Concello). Precisamente nesta sesión tomou posesión do seu escano e estreouse a nova concelleira do BNG, Cami Moreira.

Polo contrario quedou pendente a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan” que será levada a un próximo pleno municipal.

Noutra orde de cousas acordouse nomear ós representantes do Concello de O Porriño para a Comisión Especial de deslinde co Concello de Mos. Finalmente a proposta da alcaldesa e coa conformidade dos restantes grupos municipais, o PP integrará unha concelleira, Antía Carrera á devandita comisión. Os restantes representantes serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), todos eles ratificados polo pleno corporativo.

Entre as mocións debatidas aprobouse por maioría a proposta por EU Son para revisar o contrato de renting para renovación do parque móbil municipal ainda que o asunto quedou supeditado a comparecencia da concelleira de Seguridade nun vindeiro pleno extraordinario que se vai celebraro o mércores 6 de novembro. Tamén por maioría acordouse implementar unha achega extraordinaria ó Porriño Baloncesto Base así como ós clubs de futbol de Mosende e Budiño e á asociación de enfermos de silicose.
E por unanimidade a corporación porriñesa acordou solicitar á Consellería de Educación a reforma integral ou ben a construcción dun novo edificio para o CEIP Fernández López que xa ten 40 anos de antiguidade.

Aberta a inscrición para o “Wiki Maratón” que vai celebrar a Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal informa que segue aberta ainda a inscrición para participar no “Wiki Maratón” que se vai celebrar o vindeiro luns 4 de novembro.
Celebrará de 16:00 a 20:00 horas, na Biblioteca.

Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos, usando para iso fontes previamente recopiladas que son facilitadas, segundo explica a Biblioteca Municipal.

Presentado o XIV “Pinchorriño” que ofrecerá 36 tapas ó longo do mes de novembro

Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do XIV Pinchorriño que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.

Eses trinta e seis establecementos de O Porriño realizan unha proposta de tapas moi suxerente que abrangue moitas posibilidades. Desde clásicos como o rabo de touro estofado que elabora “Mesón Mondariz” ata opcións veganas como a tarta da horta que presenta o “Pantera” pasando por elaboracións moi creativas coma o mexilón sobre patacadèle do “Café Bar Adèle” ou o wrap de “El Ultramarino” que foron algunas das tapas que trouxeron hoxe os hostaleiros asistentes á presentación.

Juana Pérez indicou que a meirande parte das tapas que se ofrecen elaboranse con productos aptos para celíacos “de tal xeito que sexamos quen de atender a todos cantos queiran vir ata Porriño a disfrutar con nós durante este mes de novembro da nosa gastronomía”. A presidenta de “ACIPOR” e os hostaleiros que asistiron á presentación coincidiron en suliñar que o Pinchorriño é un acicate extraordinario para a vila e os locais que participan pois xenera un volumen de ventas impresionante nun mes que tradicionalmente era moi malo.

Na mesma liña, Sergio Casal congratulouse do como medrou esta iniciativa de “ACIPOR” e manifestou que desde o Concello “poñemos as ferramentas necesarias para axudarvos”. O concelleiro de Comercio ponderou que o Pinchorriño xunto coa Festa dos Callos e a Feira do Pan “convirten a Porriño nun referente gastronómico na comarca e na área metropolitana”.

Por último David Alonso, como concelleiro ainda responsable de Festas indicou “no Porriño temos un nivelazo na hostalaría como reflicte este Pinchorriño e desde o Concello temos que estar moi agradecidos pola vosa participación”.

Lembremos que como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.

Concello e empresarios de A Granxa trataron diversas medidas para mellorar a presión de tráfico na zona onde a Policía Local intensifica a vixiancia

Eva García de la Torre tratou cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez reuniuse con Indalecio Cuevas, presidente e David Sobral, xerente da Entidade de Urbanística de Conservación “A Granxa” e co director xeral da fundación “CTAG”, Luis Moreno.


Unha das solucións pasa pola oferta que fixo a alcaldesa ó Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia de cederlle mediante convenio unha parcela de titularidade municipal ó carón do CTAG para que sexa acondicionada por esta entidade como aparcamento exclusivo para o seu persoal.
Asimesmo a alcaldesa informou que desde a Policía Local de O Porriño tense requerido á varias empresas tanto unha de loxística de recente implantación como de transportes para que non realicen ocupación de espazos públicos con labouras de carga e descarga óu como aparcamento para vehículos, xa seaxan furgonetas de reparto ou camións de gran tonelaxe.
De feito hoxe mesmo a Policía Local de O Porriño, tras comprobar que as advertencias realizadas non se respetaron, impuxou dez denuncias por infraccións ó vixente Regramento Xeral de Circulación como se pode apreciar nas imaxes adxuntas.


Por outra banda desde a Xefatura da Policía Local informouse de que nos vindeiros días instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa onde producense estas incidencias.

Co respecto a outros asuntos abordados na reunión, Eva García trasladou á representación empresarial a información que recibiu recentemente de David Regades, delegado da Zona Franca sobre o estado de tramitación do proxecto da Cidade do Transporte que acollerá Porriño e deberá desafogar moita da presión de tráfico actual.
Por último a alcaldesa indicou á representación empresarial que de xeito inminente haberá unha redistribución de competencias como consecuencia da incorporación de dous concelleiros do BNG ó goberno municipal e que as infraestructuras pasarán a ser responsabilidade de Pedro Pereira ainda que as solucións que se adopten serán consensuadas polos dous grupos do gabinete.

A plantilla da Policía Local de O Porriño completa un curso de reanimación cardiopulmonar

Hoxe rematou o curso que toda a plantilla da Policía Local de O Porriño ten recibido nestes días para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios, O curso foi impartido por persoal de 061.
Todos os axentes aprenderon manobras de reanimación cardiopulmonar e manexo dos “desa” (desfibriladores) en casos de parada cardíorespiratoria.
De feito, a partires de agora, por orde da Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, o vehículo de patrulla policial levará un desfibrilador a bordo que se engade ó restante material de que dispoñen os axentes locais para atender paradas cardiorrespiratorias, hemorraxias, quemaduras e outras situacións de emerxencia.

O vindeiro pleno municipal abordará o pago de 2,7 millóns de euros en facturas e a nova comisión de deslinde con Mos

Vinte asuntos conforman a orde do día do vindeiro pleno ordinario da Corporación Local de O Porriño que se celebrará o mércores 30 de novembro, a partires das 18 horas. Entre os asuntos que se levan a pleno municipal figura o pago de facturas a proveedores e por servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.
Por outra banda o pleno deberá elixir os representantes do Concello de O Porriño na nova comisión especial de deslinde co Concello de Mos. O PP non contestou ó requerimento de Secretaria nin realizou proposta alguna de xeito que os representantes de O Porriño serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), que deberán ser ratificados polo pleno corporativo.

Asuntos económicos
O pago de débeda será asunto sobranceiro. A tal fin propónse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para pagar 473.000 euros para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.
Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.
Asimesmo levanse a pleno a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que xa fora aprobada inicialmente en maio polo pleno municipal. E tamén vai a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos do Concello). Precisamente nesta sesión tomará posesión do seu escano, a nova concelleira do BNG, Cami Moreira.

Adxudicacións e mocións
Tamén se leva a aprobación os costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”. E asimismo vai a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).
Finalmente van cinco mocións. Entre elas o grupo EU Son pide unha revisión da operación de renting de renovación do parque móbil municipal. E o PP pide un incremento de partidas orzamentarias para clubs deportivos.

Adxuntamos a orde do día con todos os asuntos 

Programación cultural de outubro do Concello do Porriño: CONTACONTOS INTERACTIVO EN INGLÉS

A programación cultural do Concello do Porriño do mes de outubro rematará coa sesión da Contateca que albergará o vindeiro xoves 31 unha función chamada “Contacontos interactivo en inglés”.

Trátase dun espectáculo de Beatriz Alonso Cabaleiro mediante a lectura dun conto ilustrado e a realización de actividades plásticas. Segundo explica “Hey there, it´ s storytime! Leremos un conto ilustrado e realizaremos actividades plásticas relacionadas cos nosos personaxes favoritos mentres cantamos cancións infantís en inglés. Un plan divertido e apto para todos os niveis”.

A función será a partir das 18 horas con entrada de balde ata completar aforo na Biblioteca Municipal.

 

Rematou o ciclo de teatro para adultos

O concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, asistiron á función final do ciclo de teatro para adultos.
Ó longo do mes de outubro foron cinco sesións, incluídas na programacion cultural do Concello de Porriño.
O grupo “Atrezo” representou “A decisión de María” no Centro Cultural Municipal.

O Ministerio de Fomento da luz verde á cesión do tramo da N-120 en Cans pedida polo Concello do Porriño

Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ó Concello do tramo da N-120 ó seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
A cesión solicitouse en 2015 por acordo da Corporación Municipal porriñesa, a instancias da veciñanza de Cans que recolleu firmas e trasladou a proposta ó enton concelleiro de Obras, Marcelino Coto.
Recentemente, o pasado 11 de setembro, a alcaldesa Eva García lembrou por carta ó ministro de Fomento, José Luis Ávalos esta reivindicación que finalmente será facilitada polo Ministerio de Fomento segundo a resposta remitida por Javier Herrero, Director Xeral de Estradas do Ministerio, tamén a través de carta que acaba de recibirse no Concello.

Lembremos que segundo o acordo plenario que se adoptou hai catro anos, que ese tramo da N-120 sexa cedido á titularidade municipal é fundamental xa que ata de agora calquera veciño que quere acometer unha obra ten que solicitar autorización ó Ministerio. Asimesmo a cesión ó Concello permitirá acometer a humanización dese vial e sacar o tráfico pesado desa zona, con cargo a unha partida do propio Ministerio de Fomento, segundo se solicitaba.

Por outra banda, nesa mesma misiva, o responsable ministerial contesta a outra demanda do Concello de O Porriño que ven requerindo a mellora do acceso á Autovía A-55. A resposta de Fomento condiciona unha solución ó proxecto de novo trazado da Autovía A-52 entre O Porriño e Vigo que conlevaría remodelar o enlace de Sanguiñeda coa A-55, “o que redundará nunha mellor conexión co Porriño”. Dito proxecto require tramitación ambiental, será sometido á información pública unha vez que se aprobe provisoriamente.

O Concello retirará a simboloxía franquista da Igrexa de Santa María aproveitando as tarefas de limpeza

O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía franquista da Igrexa de Santa María unha vez que reciba autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de xullo. A limpeza da fachada efectuaráse con vapor seco, segundo require a Xunta de Galicia da que depende Patrimonio.

Ambas actuacións consensuaronse polo goberno municipal porriñés coa diocese de Tui-Vigo e co cura párroco da igrexa de Santa María. Asimesmo consultaronse cos grupos políticos do BNG, EU Son e UDDL.

A actual Igrexa de Santa María data de 1913. Fora construída sobre o antigo templo que amenazaba ruina, baixo deseño do arquitecto Felipe Quintana. A obra foi financiada por catro filántropos porriñeses Ramón Gónzalez, Servando Ramilo, Manuel e Enrique Rodríguez.