O Concello do Porriño en colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia (ASEIA) ven de poñer en marcha un servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes nesta sirtuación de confinamento que estamos a vivir.

A prestación deste apoio sicolóxico tamén abrangue a coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos. Realizase por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social. Encarganse de dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de illamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.

A atención é gratuita e pode solicitarse a través de teléfono e/ou por email:

Teléfono: 622 245 545
E-mail: aseia.galicia@gmail.com