A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, reuníronse este xoves cos voceiros e voceiras de cada un dos centros de ensino, para preparar un novo pleno infantil.
O Concello do Porriño continúa así co proceso iniciado o pasado ano, no que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos da vila, teñen oportunidade de expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupan, así como tamén facer as propostas de solucións que consideren.
Trátase dun paso mais na consolidación dun órgano estable de participación infantil a nivel municipal, que colabore no deseño das políticas locais que lle afecten mais directamente.
Os nenos, nenas e adolescentes do Porriño terán oportunidade de traballar os contidos do próximo pleno infantil en obradoiros de participación que se realizarán nas aulas de cada un dos centros, co apoio de persoal especializado, para mais tarde achegar as súas propostas a un pleno que terá lugar o próximo mes de abril.
No orde do día da xuntanza deste xoves coa alcaldesa, estaba, entre outros asuntos, a presentación dun borrador de regulamento do futuro Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, así como respostas e explicacións as preguntas feitas no anterior pleno infantil.
Esta iniciativa enmarcase na candidatura do Concello do Porriño ao recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia, promovido por UNICEF, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e que trata de poñer en marcha políticas locais de infancia que melloren o benestar impulsando actuacións que garantan o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes, e dos seus dereitos.
Este programa aséntase na promoción da participación infantil e adolescente, e o impulso de alianzas entre todos os actores relacionados coa infancia a nivel municipal para avanzar no camiño da mellora no cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes no ámbito local, focalizando accións de inclusión e cohesión social no ámbito local, atendendo aos grupos máis vulnerables. É dicir, realizar un esforzo para protexer aos nenos e nenas que corren maior risco de “quedar atrás”.

A deputada provincial delegada de Emprego, Montserrat Magallanes, e a concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade do Porriño, Soledad Girón,asistiron no Multiusos de Torneiros, á charla ‘Talento emprendedor’, que forma parte do proxecto ‘DepoEMPRENDEII’, impulsado pola
‘DepoEmprende II’
Estas son algunhas das conclusións ás que apuntan os estudos dos arqueólogos Francisco Alonso, Oria Ferreiro, Mario Fernández-que está a facer a súa tese doutoral- José Carlos Sánchez e Tania Rial, pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela (USC), e que durante o seu traballo sacaron a luz restos dunha edificación e restos de tellas, cerámica e vidro que, segundo indicaron, poderían ser da época ‘tardo-antiga’, á que os científicos refírense coma ‘séculos escuros’, un dato que podería ser confirmado cando un laboratorio estadounidense remate as probas do ‘Carbono 14’.
A intención de Marcelino Coto é que o Concello, xunto coa Deputación de Pontevedra, impulse e facilite a continuidade do traballo, que se leve adiante un “proxecto de conservación e recuperación neste lugar” e que o mesmo sexa visitado polos porriñeses con especialistas que expliquen a súa importancia e a súa historia.
O concelleiro salientou o feito de que coma indicaron os arqueólogos, ata hoxe non se fixera unha escavación así nun xacemiento semellante en toda Galicia, e que se tratase dunha ‘acrópole’ que formaba parte dunha construción composta por tres ‘coutos’, con tres liñas de murallas, que puideron ocupar, en conxunto, unhas 11 hectáreas, facendo do Faro de Budiño, coma salientou Mario Fernández, “unha grande fortaleza” en altura.
O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, salientou a importancia que ten a Interrunning e o feito de que o traballo que comezaron hai xa doce anos un grupo de xoves apaixonados polo exercicio físico, sexa hoxe “un exemplo para todos os que amamos o deporte en todas as súas modalidades”.
Horarios