O Pleno do Concello do Porriño, cos votos a favor dos concelleiros do PSdG-PSOE, UDDL, EU-SON e o Grupo Municipal de Non Adscritos, a abstención do representante do BNG e o voto en contra dos concelleiros do Partido Popular, deu a súa conformidade á aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantel  de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.

No Pleno do pasado día 15, os voceiros de PSOE, UDDL, EU-Son e do Grupo Municipal de Non Adscritos, adiantaron o seu apoio ao proxecto de orzamentos para este ano, e o BNG asegurou a súa abstención, logo da negociación mantida coa alcaldesa, Eva García de la Torre, quen hoxe decidiu co seu voto de calidade, logo de que houbese un empate de 8 votos a favor e 8 votos que rexeitaban a proposta de contas para este exercicio.

Esta é a primeira vez en 6 anos que o Concello do Porriño terá novos orzamentos dado que os últimos que se aprobaron, e que estiveron prorrogados ata o pasado 2017 foran votados favorablemente en 2012.