O mércores 25, pleno municipal ordinario da Corporación Local do Porriño

A sesión ordinaria correspondente a setembro celebrarase mañá mércores 25. Comezará ás 18 horas.

Salientar que ademáis da aprobación de actas de sesions anteriores e dación de conta de decretos da alcaldía, incluense 4 mocións e a comunicación da renuncia da concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG.

Asimesmo se tratará fora da orde do día unha proposta de acordo, como asunto urxente, que presentará o goberno municipal. Tratase de determinar os festivos locais para o ano 2020 que serán 11 de xullo, San Benito, e 28 de setembro,  Luns do Cristo.

 

Terá prezo único a 5 € PORRIÑO AGARDA DESPACHAR 25.000 RACIÓNS NA XXVI FESTAS DOS CALLOS

Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos a vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

Organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería. Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde e o devandito José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos. Hoxe tamén presentouse o cartel anunciador da Festa. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

E ademais habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuios detalles serán presentados mañá mércores en roda de prensa no consistorio, a partir das 10,30 horas.

FESTAS DO CRISTO 2019. URXENTE: CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DE VERBENAS PARA HOXE DOMINGO 22

O Concello de Porriño informa de dous cambios que atinxen a programación de verbenas e orquestras que actuarán esta noite de doming 22..

A programación queda do seguinte xeito:

Ás 22 horas, actuará a Orquestra CHARLESTONE, na Praza Central

As 24 horas, actuará a Orquestra AMÉRICA, na rúa Antonio Palacios.

Lembramos que toda a programación das Festas do Cristo 2019 pode consultarse na web do departamento de Cultura do Concello do Porriño

Programación cultural. Abril 2024

Festas do Cristo 2019: O risco de choiva obriga a cambios na programación do sábado 21

O concelleiro David Alonso, responsable da organización das Festas do Cristo 2019, ven de comunicar unha serie de decisións relativas a diferentes eventos ante as previsións de choiva e mal tempo para mañá.

De tal xeito que finalmente SE APRAZA o “PORRIÑO STREET FESTIVAL”. que se pasa para o vindeiro sábado 28.
Tratase dun novo evento consistente nun “campeonato” de diversos estilos de danza urbana, parkour e graffiti que está na praza do Concello.

APRAZASE tamén O XIV “DIRK TRACK” que ía celebrarse mañá no Velódromo Municipal e que se pasa asimesmo para o vindeiro sábado día 28.

TRASLADASE Á CARPA ROXY a representación de TEATRO INFANTIL “CRUNCH” (18,30 horas).
Tamén TRASLADASE Ó CIRCULO RECREATIVO CULTURAL o CONCERTO MUSICAL DA BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI (20,30 horas)

O espectáculo “DIVINA RAVE: CRISTO EDITION” de dj’s que está previsto ás 00,30 horas no Parque Infantil, pasaría á Carpa Roxy no caso de que continue a choiva.

Por último, lembramos que fora SUPENDIDO o ENCONTRO INTERNACIONAL DE AEROMODELISMO que ía celebrarse mañá sábado na pista de Pontellas do club Furaventos.

PLENO MUNICIPAL ORDINARIO DA CORPORACIÓN DE PORRIÑO PARA O VINDEIRO MÉRCORES 25

Hoxe a alcaldesa Eva García firmou a convocatoria do pleno ordinario de setembro que a Corporación Municipal celebrará o vindeiro mércores día 25, as 18 horas, do que adxuntamos a orde do día.

Salientar que ademáis da aprobación de actas de sesións anteriores e dación de conta de decretos da alcaldía, incluense 4 mocións e a comunicación da renuncia da concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG.
Asimesmo se tratará fora da orde do día unha proposta de acordo, como asunto urxente, que presentará o goberno municipal. Tratase de determinar os festivos locais para o ano 2020 que serán 11 de xullo, San Benito, e 28 de setembro, Luns do Cristo.

ADIF ANUNCIA Á ALCALDESA QUE LICITARÁ ANTES DE DECEMBRO A REDACCION DO PROXECTO PARA SUPRIMIR O PASO A NIVEL NO CENTRO DO PORRIÑO

O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño.
A solución técnica que se prantexa é mediante a depresión da rasante da vía férrea, segundo explicou María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos á alcaldesa. Por esa razón é que ADIF inclue na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.


Na reunión de traballo celebrada este mediodía en Madrid, a alcaldesa porriñesa estivo acompañada polos deputados pontevedreses Guillermo Meijón e Olga Alonso.
O Goberno Municipal de Porriño entende que unha vez estea estimado o custe da obra, “a financiación terá que ser compartida polas diferentes administración públicas mediante un futuro convenio que debería ser participado por Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello, para asumir de xeito conxunto a financiación ”, segundo manifestou Eva García ó termo da reunión.
“O custe da obra é un dato que terá que determinar o proxecto constructivo que vai licitar o ADIF”, suliñou a alcaldesa do Porriño. Eva García manifestou sentirse “moi contenta de comprobar que por fin hai avances concretos para ver que chegará a materializarse a aspiración de todos os porriñeses”, declarou.
A reunión de hoxe foi continuidade das xestions realizadas hai un ano pola alcaldesa coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera. Naquela reunión, de data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese ano.


O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.

O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez

O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez

“Os cartos das multas de tráfico impostas pola Policía Local revirten para financiar o curso de conducción segura que hoxe anunciamos” manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade de Porriño durante a roda de prensa na que se presentaron os detalles desta iniciativa que promove o Concello, de xeito gratuito. Haberá prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses, para participar neste curso titulado “Conduce con xeito”.

Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local manifestou que esta iniciativa “danos a oportunidade de traballar con perto de 250 persoas, todo un luxo, que poidamos chegar a eles para reforzar os coñecementos teóricos e sobre todo prácticos para solventar incidencias que poidan acontecerles”, manifestou.

A Concellería de Seguridade organiza o curso a través da Policía Local do Porriño e será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán figuran Ivan Ares, campeón de España de Rallys; José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017; e outro dos pilotos da Federación Galega de Automobilismo que asistirá como monitor será o porriñés David Gónzalez Couceiro.

No nome dos pilotos, Ivan Ares dixou que “está moi ben que nos poidamos ensinar ós participantes neste curso de conducción segura para evitar accidentes e axudar á mellora da seguridade”.

As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir deste xoves 19. Haberá que rechear os formularios que publicamos a través da páxina web e tamén no Facebook do Concello do Porriño e presentarllos nas oficiñas da Policía Local.

A Policía Local do Porriño informa dos cortes e restriccións de tráfico co gallo das Festas do Cristo 2019

A Policía Local do Porriño informa de cortes ó tráfico rodado e prohibición de estacionar nas seguintes rúas e días:

 

Venres 20 setembro:

  • corte de tráfico rodado na rúa Manuel Rodríguez, dende o cruce do “Celtiña” ata a rúa Leandro Díaz (Bar “Colleo con Pinzas”) a partir das 22 horas
  • prohibido estacionar dende as 8 horas na ría Pío XII, dende a intersección rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez
  • prohíbido estacionar nas zonas de carga e descarga na rúa Domingo Bueno, a partir das 19 horas en ambas as dúas marxes, á altura do portal nº 8
  • corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno nº1 ata cruce con rúa Pío XII a partir das 9,30 horas
  • corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata intersección coa rúa Fernández Areal a partir das 21 horas.

 

Sábado 21 setembro:

  • Prohibido estacionar na rúa Parque Infanril dende a intersección coa rúa Salgueira, na marxe esquerda, sentido Vigo, a partir das 21 horas
  • Prohibido estacionar todo o día na rúa Pío XII, dende a intersección da rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez
  • Corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno, dende o portal nº1 ata o cruce coa rúa Pío XII, dende as 8 horas
  • Corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata a intersección coa rúa Fernández Areal, a partir das 21 horas
  • Corte do tráfico rodado a partir das 21 horas nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz.

 

Domingo 22 setembro:

  • Dende as 8 horas corte de tráfico nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz
  • A partir das 15 horas, corte na rúa Antonio Palacios, á altura do cruce coa rúa Cruceiro (sindicatos) para a montaxe de orquesta
  • A partir das 21 horas, corte de tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata a intersección con rúa Fernandez Areal

 

Lunes 23 setembro:

  • Dende as 10 horas da mañán, corte do tráfico rodado nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz
  • Prohibido estacionar todo o día na rúa Pío XII dende a intersección rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez
  • A partir das 15 horas, corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno, portal nº 1 ata o cruce coa rúa Pío XII.