O Goberno Municipal do Porriño nega categóricamente a existencia de calquera tipo de trato de favor con maxistrados, fiscais ou outros membros do Poder Xudicial que están a ser contratados para colaborar en actividades formativas deste Concello.
O Goberno Municipal considera especialmente grave a insinuación que se desliza na información publicada onte polo xornal “La Voz de Galicia” baixo o titular “El Concello de O Porriño contrata a dedo al juez que absolvió de falsedad a la alcaldesa en el 2018”.

Tanto a participación do maxistrado Juan José Trashorras como as de outros profesionais da xudicatura que colaboran en actividades formativas deste Concello se realizan mediante convenios de colaboración coa Academia Galega de Seguridade e mediante contrato menor tal como establece a normativa vixente.
Para establecer dita colaboración é o Inspector Xefe da Policía Local de O Porriño, quen se encarga de xeito exclusivo de seleccionar o persoal docente de acreditada experiencia sobre a materia a impartir, xa sexan funcionarios policiais, funcionarios da carreira xudicial (tanto fiscais como xuices ou maxistrados), e sempre co visto bó do departamento de formación da Academia Galega de Seguridade. Ningún político ten contacto con estes profesionais contratados de xeito directo para a formación; é o técnico o que propón a contratación e conforme estipula a lei, a Alcaldía firma os contratos menores.

No devandito caso do maxitsrado Juan José Trashorras, impartiu un curso teórico sobre a lexítima defensa a máis dun cento de mulleres. O curso “Defensa Persoal e Protección Xurídica” que realizóu o Concello do Porriño tivo unha elevadísima repercusión mediática así como nas redes sociais. Non se agochou senón que se suliñou a participación do devandito maxistrado que apareceu en numerosas imaxes impartindo clases sobre o uso proporcional da forza, medo insuperable e outros eidos xurídicos da lexítima defensa. Foron as mulleres participantes naquel curso as que avaliaron na enquisa de satisfacción o bó facer e a capacidade de comunicación do maxistrado. Debido a esa boa valoración, tanto das asistentes ó curso, como dos propios policías locais que estiveron alí presentes, propuxose ó maxistrado para impartir un novo cursiño ós membros da Policía Local do Porriño.

Tanto o Goberno Municipal como desde a Xefatura da Policía Local expresamos o noso malestar polo feito de que se pretenda suxerir e dubidar da imparcialidade dun funcionario público como é un Maxistrado por que exerza una actividade docente para a que non existe ningún impedimento legal nin tampouco ético. Atacase á independencia do Poder Xudicial e de paso socavase o dereito á presunción de inocencia, neste caso de Eva García, alcaldesa de O Porriño por un asunto ainda pendente de xuizo.