Este mediodía celebrouse o pleno extraordinario da Corporación Municipal que realizou o sorteo para determinar a composición das mesas electorais para os comicios do vindeiro 10 de novembro.

No concello de O Porriño formaránse 23 mesas electorais onde exercerán o seu dereito ó sufraxio 15.609 electores, segundo o censo actualizado á data. É unha cifra sensiblemente inferior con respecto ás derradeiras municipais cando o número de electores foi de 15.998. Ocurre que para as eleccións xerais excluense os extranxeiros censados no Porriño que actualmente son 389.

Os concelleiros Blanqui Francés, Manuel Carrera e Bienvenido Estévez foron testemuñas do sorteo. Foi o edil do PP quen premeu o botón que activou o sorteo. O secretario deu conta os restantes membros da Corporación Local que asistiron á sesión.

Antes de rematar o pleno, o voceiro do grupo Esquerda Unida Son, Pedro Ocampo solicitou á alcaldesa e ó secretario que insistan ante a Xunta Electoral de Zona para que traslade as mesas electorais que se concentran no CEIP Fernández López a outro emplazamento con máis amplitude e servizos. Actualmente no citado colexio acumulanse oito mesas electorais que reúnen a 7.329 de electores do centro da cidade.