O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio, colaborou na primeira Pasarela de Moda “Porriño Fashion Night” celebrada o pasado sábado pola noite con notable presenza de público na praza Arquitecto Antonio Palacios.

“Estamos moi ledos de apoiar este tipo de iniciativas que serven para dinamizar e poñer en valor o comercio de proximidade do Porriño”, manifestou Sergio Casal, concelleiro responsable de Comercio.
Unha duzia de establecementos comerciais participaron neste evento que organizou a firma “M&H Fashion Shows and Models” en colaboración coa Escola de Modelos “Proxecto Ego”.

Os modelos desfilaron por unha pasarela de 30 metros de lonxitude con coleccións de outono-inverno; moda nupcial; primeiras comunións e arras.