David Alonso, concelleiro de Deportes informou a Abel Estévez, presidente do Balonmán Porriño e outros directivos do club local que as obras de arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal realizaránse entre o 9 e o 19 de novembro. Os traballos consistirán na sustitución, lixado, pulido, barnizado e pintura da superficie como se fixera na pista 2.
Por outra banda, a directiva do club trasladou ó concelleiro de Deportes a solicitude de que se axilice o pago do segundo prazo da subvención municipal. O Balonmán Porriño recibe nesta tempada unha achega de 130.000 euros do Concello que é o seu principal patrocinador.

Obras de impermeabilización no Polideportivo
Asimesmo o concelleiro informou da execución dos traballos de impermeabilización que se están a realizar no Polideportivo Municipal en dous puntos: na entrada do Pabellón 1 e nos voladizos do Pabellón 2. Estes traballos de impermeabilización sufraganse cunha achega do Plan Concellos da Deputación Provincial de preto de 40.000 euros.