Obradoiros na “SmartPeme” de Porriño para esta semana

Ó longo desta semana terán lugar dous obradoiros na “SmartePeme” de Porriño para que os interesados melloren o uso das novas tecnoloxías, nas instalacións do Multiusos de Torneiros.
Mañá martes o obradoiro tratará de “Pluggings de WordPress para mellorar a túa web”. En horario de sete da tarde ás nove da noite.
O xoves 18, tamén na mesma franxa horaria, impartiráse un obradoiro titulado “Emprego de video nas redes sociais: Youtube”.
Para os interesados (autónomos, emprendedores e microempresas) poden inscribirse: chamando por teléfono ó 886 202 020 ou enviando un correo a oporrino.smartpeme@depo.es

O Consorcio de Augas do Louro ven de aprobar o calendario fiscal de 2019

O Consorcio de Augas do Louro ven de aprobar o calendario fiscal para o ano 2019, como unha medida máis de organización na tramitación dos recibos en período voluntario e en período executivo. Establecense as quendas fixando ademais as datas de cargo nas contas bancarias dos usuarios que teñan solicitado o pago mediante domiciliación, para cada un dos bimestres que se aprobarán no que resta de ano.

Segundo informanos o Consosrcio de Augas do Louro, as datas fixadas son:

. DATA INICIO DATA FIN DATA CARGO CONTA
3º BIMESTRE 2019 10/08/2019 10/10/2019 09/09/2019
4º BIMESTRE 2018 10/09/2019 10/11/2019 14/10/2019
5º BIMESTRE 2018 10/09/2019 10/11/2019 14/10/2019
4º BIMESTRE 2019 10/10/2019 10/12/2019 11/11/2019
5º BIMESTRE 2019 10/12/2019 10/02/2020 13/01/2020

No último trimestre de 2019 o Consorcio publicará o calendario fiscal para o vindeiro ano 2020.

PLENO DE ORGANIZACIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL: HABERA SEIS ADICACIÓNS EXCLUSIVAS COAS MESMAS RETRIBUCIÓNS DO 2018

A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro.
Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto.
A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns.
Finalmente haberá sete comisións informativas:
Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras
Economía, Fazenda e Persoal
Contas
Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade
Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados
Deportes, Cultura, Xuventude e Festas
E finalmenete Servizos Sociais e Igualdade.
En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.

O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal.
Haberá 6 adicacións exclusivas que corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas.

As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018. Ese natiz deu lugar a un debate intenso entre os voceiros do BNG e EU Son.
Finalmente Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera.
Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.

NO PORRIÑO CREARONSE 35 NOVAS EMPRESAS NO QUE VAI DE ANO

Porriño é o concello co segundo mellor índice de dinamismo empresarial no ámbito da Zona Franca, despois da cidade de Vigo. Segundo datos dese organismo público difundidos esta semana, no que vai de ano en Vigo crearonse 287 empresas. E a continuación é O Porriño o concello con máis sociedades creadas, nada menos que 35 novas empresas, grazas ó seu gran peso industrial cos polígonos de A Granxa e As Gándaras.

Con respecto a outros concellos da área metropolitana, Porriño supera a Nigrán e Redondela que contabilizan 16 y 15 novas empresas respectivamente. Asimesmo Porriño marca unha notoria diferencia en relación con Mos que rexistrou a creación no que vai de ano de 8 empresas.

A Xunta de Galicia comprometeuse coa Alcaldesa e veciños a presentar en tres meses un proxecto de mellora da seguridade vial na travesía de A Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido hoxe ante a alcaldesa do Porriño e unha representación vecinal. Nun encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta,con Francisco Menéndez, Director da Axencia Galega de Infraestructuras, acadouse ese compromiso.
Segundo explicóu Eva García, despois da reunión de dúas horas de duración, “achegamos posturas entre vecinos de A Vaquería e Xunta de Galicia para unha mellor solución ós problemas de seguridade viaria da travesía da estrada autonómica PO-510 por ese barrio de Budiño”.
A alcaldesa explicou que o Director da Axencia Galega de Infraestructuras aceptou incorporar dúas rotondas, un semáforo con pulsador e sendas para peóns para mellorar a seguridade dos veciños. Cando sexa presentado o proxecto, “os veciños disporán dun período de alegacións para formular as súas aportacións que poidan ser incorporadas co correspondente aval dos técnicos da Consellería”, declarou Eva García.

ARRANCA A FESTA DE SAN BENITO 2019

Eva García, alcaldesa da cidade invitou a “a todos e todas porriñesas a vir ás Festas da San Benito así como a todos os habitantes da bisbarra e da área metropolitana para que se acerquen a Porriño e veñan a disfrutar con nós” segundo dixo na presentación do programa festivo realizada esta mañán no Concello,

Este serán haberá verbena co grupo “Chastón” a partires das 21,30 horas

Mañá xoves 11, festivo local, Día de San Benito, haberá pasarrúas matinal a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela.

Polo serán un concerto da Banda da Escola Municipal de Porriño (20 horas), unha verbena a cargo do grupo “Canela” (21 horas) e outra ás 23 horas con “Kubo”.

O venres 12 os actos comezarán ás 19,30 horas coa actuación da Agrupación San Xurxo de Mosende. Ás 21 horas haberá un concerto de acordeóns da “Argonat Band”. E de noite, dende as 22,30 horas verbena a cargo do grupo M-3.

Os festexos están organizados polo Concello de Porriño en colaboración coa Comisión de Festas de San Benito, cun orzamento que non chega ós 20.000 €uros.

David Alonso, como concelleiro de Festas neste intre, valorou que “o programa que fixemos moi completo é para todas as idades”.

No que atinxe ós actos relixiosos o xoves celebraranse varios oficios e a mediodía a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María. Ó remate da misa, haberá procesión ata a Capela de San Benito e despois a tradicional subasta das uvas do santo e as ofrendas diante da capela.

IMG

Medio cento de establecementos de Porriño sumaronse á iniciativa “Tropa Verde” para reciclar con premio

Concello do Porriño, a plataforma “Tropa Verde” e directivos da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) presentaron hoxe en rolda de prensa a iniciativa de recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso.

Por terceiro ano consecutivo “Tropa Verde” e o Concello do Porriño manteñen a súa colaboración coa finalidade de concienciar ós porriñeses sobre a importancia da reciclaxe, “unha cooperación que agradecemos de xeito moi especial”, segundo valorou a alcaldesa Eva García que estivo presente no arranque da rolda de prensa e logo tivo que ausentarse por outros compromisos.

Sergio Casal, concelleiro de Limpeza manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropa Verde e a ascoaición ADEN máis accións de fomenta da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.”

Este ano tres establecementos de venda de electromésticos de Porriño súmanse como entidades colaboradoras habilitándose 3 puntos novos onde se facer entrega de aparellos eléctricos en desuso. Son “Master Dani”, en rúa Progreso, 15; “Connecta Bugarín” no lugar de Abelenda, 2  en Pontellas; e “Tien 21 Reverendo” en rúa Ramiráns, 13.

Cada vez que unha persoa acuda a unha destas tendas a entregar un vello electrodoméstico, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local que colaboran. Neste intre xa son cincoenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa.

Para estimular a participación da veciñanza de Porriño “Tropa Verde” vai realizar “unha laboura de buzoneo para contrarrestar a falla de información que moitas veces dificulta a reciclaxe”, manifestou Marta Morán, responsable de “Tropa Verde”.

Pola súa banda Javier de la Cerda, secretario xeral e Paula Paz, directora técnica da Asociación Nacional de Empresas Fistribuidoras de Electrodomésticos, explicaron que esta organización patronal “engloba ás cadeas de distribución e as tendas de venda de electrodomésticos que son comercios locais ou de proximidade que teñen un maior grande compromiso co medio ambiente”. “Nós representamos a máis de 600 establecementos polo que estamos presentes en máis de 170 concellos de Galicia e sumamos unha superficie de venda na nosa comunidade  que supón 96.000 metros cadrados máis do que teñen as grandes superficies comerciais”, engadiu Paula Paz.

ABERTA A AULA “CEMIT” DO PORRIÑO

No Multicentro de Torneiros está aberta dende o pasado 5 de xullo  a Aula CEMIT. Tratase dun espazo dotado con equipos informáticos a disposición dos usuarios que acudan.

O horario de funcionamento  é de luns a xoves , de 9h a 14h e de 16h a 19 h. Os  venres de 8h a 15h. 
No mes de agosto o horario será máis restrinxido, de 8:15h a 14:15 h.

Neste aula realizaranse cursos gratuitos relacionados coas novas Tecnoloxías da Comunicación, mediante charlas e xornadas, un aula aberta para uso dos equipos informáticos e co apoio do responsable para a resolución de dúbidas relacionadas coas TICs.

Para máis información pódese recabar a través do correo electrónico:  cemit.oporrino@xunta.gal, tamén na propia aula ou ben no tfno. 986 338 217.

 

O PLENO DE ORGANIZACIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL TERÁ LUGAR O VENRES 12 ÁS 18 HORAS

A última hora da mañán firmouse a convocatoria do pleno da Corporación Local de Porriño que deberá ratificar a organización e reparto de tarefas e delegacións do goberno municipal así como a composición das comisións municipais.
A sesión plenaria terá lugar o venres 12 xullo, ás 18 horas.
Presentarase unha estructura de goberno de coalición pactado polo PSOE e o BNG. As negociacións están a piques de rematar nas vindeiras horas.
Proporánse seis dedicacións exclusivas coas mesmas retribucións económicas contempladas no Orzamento Municipal en vigor e reduciráse un dos dous cargos de confianza existentes.
Contemplase a creación de seis comisións informativas municipais, así como a periodicidade de plenos da Corporación e comisións.
As comisións informativas os penúltimos mércores de cada mes e os plenos celebraránse os últimos mércores de cada mes, en horario de tarde.

O concelleiro de Deportes visita as instalacións do Velódromo co presidente da Federación Galega de Ciclismo

David Alonso, concelleiro de Deportes mantivo este mediodía unha visita ás instalacións do Velódromo Municipal do Porriño en compañía de Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudiron representantes da AD Avanza e do club Máster da Louriña.
Visitaron vestiarios, sala de máquinas e a pista e graderío do Velódromo para comprobar o grado de deterioro das instalacións e valorar as obras máis urxentes que habería que acometer para garantir un mínimo de servizos.


Concelleiro e presidente da Federación acordaron facer unha proposta máis ambiciosa e tratar de implicar á Xunta de Galicia. A tal fin o presidente da Federación pedirá que los reciba o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Leite Lasa.
O velódromo de Porriño é o único existente en Galicia. Data de 1993, ano no que foi inaugurado por Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, administración que sufragou as obras.