O piloto local Yago Martínez, orixinario de Atios, acudiu ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez a posible colaboración municipal con este xoven deportista.

Yago Martínez ven de proclamarse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).

Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores. O concelleiro de Deportes vai estudar unha posible achega municipal a este piloto para que inclua no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”. “Imos valorar unha cantidade para atender as súas necesidades básicas”, manifestou David Alonso.